Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 août 2012

DETERMINEI QUE ERAN OVNIS

 

Manuel Alvarez Bravo Figuras en el Castillo

 

Somos cazadores de soños. O mito que perseguín a semana pasada foron estrelas caendo no ceo negro, coma se fose un decorado teatral sometido ao caos. O meu fillo Antón armouse de telescopios e prismáticos, armas exentas de permiso benemérito, contra a medianoite. "Quero ver as Perseidas", advertiume con esa seguridade coa que soamente un neno de seis anos pode falar a respecto de algo sobre o que armou unha idea aproximada. A adolescencia é o limes no que sentimos reparo en opinar sobre un tema que non dominamos. O único espazo para a liberación deses temores son os bares, onde grazas á manida desinhibición alcohólica o mesmo adoutrinamos sobre o envasado do caranguexo fluvial ca sobre o meteoro que arrasou media Siberia. Todo o que sei sobre estrelas abrangue dende a prestixiada autoconfianza da Estrela Polar ata a intrigante guía que conduciu os Reis Magos a unha aldea palestina. Aquela luz levounos en entregar un depósito a un cativo coa mesma despreocupación coa que houbo quen investiu nas preferentes. Pareceríalles un produto estrela. Antón non fai prisioneiros cando se trata de ciencia, polo que me entregou as chaves do coche para que o subise a un outeiro amable e escuro sobre a ría de Ribadeo. Estivemos largando os esquileiros de esperanza coa cara volta a un ceo opaco con pespuntes amarelos. Unha noite cuspidiña, pero de trinta anos atrás, eu vin un ovni. Ben, había unhas estrelas surfeando na bóveda celeste e determinei que eran ovnis. Pola mañá, sentín na radio unha noticia sobre o avistamento dun prato voante na costa. Ás veces os mitos nos pasan diante dos fuciños sen que os recoñezamos porque ninguén nos adestrou.

Foto: Figuras en el castillo. Manuel Álvarez Bravo

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité