Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 septembre 2012

O NACIONALISMO CÚRASE VIAXANDO A BARCELONA

 

zapatos

 

A década que pasei polo sistema educativo franquista e pola inercia científica dos anos posteriores aprendeume unha Historia tan inzada de verdades consolidadas, tan debedora dun acriticismo, tan ranciamente castelanista e tan luxada de vinganzas, racismo e sangue que me inocularon unha prevención a respecto de que todo o que roce a palabra España. Unha vez deconstruído ese adoutrinamiento máis propio dun fortín en territorio comanche ca dunha proposta educativa que proxectase unha idea racional de nación emprendín o camiño de reconstruír Galicia como ámbito de identificación. A miña visión sobre o meu país é froito de lecturas esmigalladas e conversas causais. O mesmo me aconteceu con Euskadi e estame acontecendo con Cataluña. Nestes últimos anos estiven viaxando a Barcelona por diversos motivos. Atopei unha cidade de mirada ampla, un cruce de rutas internacionais. Semella moi diferente a Madrid, que evolucionou de rompeondas negacionista das españas a zoco latinoárabe aínda incapaz de recoñecer o breve percorrido da súa visión. Os medios de comunicación unionistas teñen a Iniesta e Casillas por argumento ideolóxico, mentres que Cataluña vive o seu desexo de avanzar cara a un estado de seu como un proceso natural de maduración dunha entidade política. As únicas ideoloxías vivas neste tempo son esas morea variopinta e bretemosa que chaman anticapitalismo e máis o secesionismo. A resposta, tristemente en negativo, é o 'non-nacionalismo'-así, en anglicismo-. Aproveito a oportunidade para indicar aos que conservan a crenza en España que deberían desbotar esa categoría teórica porque a militancia de EH Bildu xa che informa nidiamente de que eles non son nacionalistas, que esa é linguaxe vella; que eles son independentistas. Definitivamente, o nacionalismo español cúrase botándose fóra da M-40 e viaxando a Barcelona ou Bilbao.

Publicité
Publicité
Commentaires
F
Aínda non estiven en Barcelona, máis a mesma sensación que tes sobre esa cidade téñoa eu sobre Lisboa, unha descuberta recente. <br /> <br /> Cando máis viaxo, atópome con máis espellos onde ver a miña propia realidade e soñar con mudala para ben.<br /> <br /> Un saúdo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité