Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 janvier 2013

O CAMIÑO DE REGRESO AO INFERNO

Downtown_Cleveland,_Ohio,_in_winter,_from_the_air,_12-1937_-_NARA_-_512842

 

HAI ESCRITORES que imprimen o seu exhibicionismo a ferro e lume ata a derradeira cea. Puidemos coñecer os manuscritos de Franz Kafka grazas a que Max Brod ignorou a encarga do amigo para que queimase os manuscritos que lle legaba tras o seu pasamento. Semella evidente que Kafka carecía de vontade de cegar unha prodición literaria que situara no centro da súa vida. No suposto de non ser unha impostura, tería feito el mesmo ese traballo de combustión. Algo máis sincero parece Jasper Gwyn, o protagonista de Mr. Gwyn (Galaxia), a última novela de Alessandro Baricco. É un escritor que decide borrar todas as pegadas da súa andaina. Coma se fose un negativo xenético de Polgariño, regresa polo itinerario comendo todas as migas de pan coas que armara unha estrada de certezas. Avisa ao seu axente literario, deixa de enviar artigos a The Guardian, escribe con falta de pulo aos lectores que lle requiren atención, evita a quen trata de saudalos,... sen obter os resultados pretendidos. Unha admiradora devota rexistra cada paso seu no camiño inverso do pan. Nesa liña de honestidade atopamos a Nabokov, que lle rogou a Vera en 1977 que fixese desaparecer unha novela na que traballaba se morría antes de rematala. O temor cumpriuse, pero a súa muller gardou as fichas que escribira como borrador. Penguin reuniunas en 2009 como ‘El original de Laura’(Anagrama). O meu favorito nese campo dos farenheits 451 de escritores é Julio Cortázar. Todas as noites, antes de durmir, concibía longuísimas cartas aos amigos. Nunca chegaron a publicarse: acababa derrotado polo sono antes de redactalas.

Photo: Downtown Cleveland, Ohio, in winter, from the air

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité