Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 mars 2013

OS PLANOS DE 'O VELENO DA RISA. UN MISTERIO PARA TINTIMÁN EN LUGO'

tintiman-2A vindeira aventura de Tintimán -tras as de Santiago, A Coruña e Vigo- transcorre en Lugo. O seu título provisorio é O veleno da risa. Nos tres ultimos meses estiven traballando a trama central: aparecen os planos orixinais da Muralla Romana e, coma se espera deste mundo perverso, un malvado quere facerse con eles. O alcalde, López Horacio, pide auxilio a Tintimán, o reporteiro máis novo de Europa e Indonesia, o xornalista máis audaz de Galicia, para que lle axude a investigalo. Tintimán ten que solucionar o misterio antes que o Comisario Cid Cabido e a súa competencia periodística. Eses 65 folios que levo redactados SON a novela. Comezan coa presentación de personaxes (a cada entrega da serie máis breve, loxicamente) e a definición das coordenadas espazo/temporais nas que van intrigar, amar, perder e, ao cabo sendo novela de xénero, gañar. A partir de agora, vou fedellar neses 65 folios coa principal tarefa de afortalarlles a cohesión. Preciso de asentar e endurecer ben esa columna porque vai termar das outras tramas: as románticas (as de Mónica, Maika e a circunstancial Patricia), as amistosas (Señor Grozni), as familiares (Norberto Lobo, Silvia, Anselmo e Li Yun), as informativas sobre Historia e Arte (Anselmo; o director xeral de Patrimonio, Marcos Calveiro) e as profesionais (Comisario Cid Cabido). Todo iso vai representar uns 35 folios para redondear o texto nos cen. Seguindo as leis das novelas de acción, os capítulos son breves (uns catro folios), tanto por impregnarlles ritmo como para que Matalobos achegue a súa metade das imaxes que se forman os lectores. Cada capítulo empeza cun resumo do anterior, e remata cun final en ascendente e anunciador do seguinte. Tras cada escea axitada vai entrefebrada unha de acougo, que serán cada unha desas que escribirei logo de compactar a trama central.

Ilustración: Matalobos para Xerais.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité