Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 avril 2013

CHEIRO A TERRA NA FIN DO DÍA

Rebecca-Minkoff-Backstage-Spring-20111

Margaret Atwood definiu axeitadamente a actual estación do ano: «En primavera, vostede debe rematar o día cheirando a terra». A escritora, tan merecedora do Nobel como veces foi candidata, vén de publicar Un día es un día, unha compilación de contos preparada por Lumen para a súa publicación en español. No mundo da súa nenez, no ámbito rural de Canadá, a primavera era un cambio constatable, e non un anuncio de Meteogalicia ou un capricho dos xardineiros. O pai de narradora do conto Infancia usaba sombreiro «para que as cousas que caen das árbores non se lle enredasen no pelo». Nese mesmo relato, a autora lamenta que esa autenticidade da natureza desapareceu. A protagonista mira unhas fotos da nai acompañada de tres amigas. «Tras elas, máis alá do mar, nas montañas, existe un mundo que se precipita cara á destrución, sen que elas se decaten: o ácido está amoreándose nas raíces das árbores, as rás-touro están condeadas».

Photo: Backstage of Spring. Rebecca Mikkof

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité