Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 avril 2013

OS SABUXOS ENTRAN NA CASA DO PÉ ESQUERDO

sabuxos

A vida é indescifrable. Na noite de onte prendeuse unha bengala de felicidade na casa: un membro de miña familia lía algo escrito por min. A miña filla, Sara (+11), estaba deitada cunlibro; non con Diario de Nikki III nin con 75 formas de sobrevivir al colegio, senón Os Sabuxos entran na Casa do Pe Esquerdo, unha novela para maiores de 10 anos que vén de editarme amablemente Xerais. Os Sabuxos son unha panda de rapaces do Barrio dos Aventados, no extraradio dunha cidade grande e industrial, que investigan misterios. O primeiro é a desaparición de todos os zapatos do pé esquerdo que se produce unha noite. Un vello que anda vendendo zapatos nas feiras, O Mangallón, é acusado do delicto. Por outra banda, O Mangallón ten unha casa que impide a ampliación do campo de golf no que xogan os ricos. A novela ten os elementos que procuro en todas as miñas: ritmo, humor e debuxos marabillosos de Matalobos. Sara aseguroume que lle está encantado, pero poida que  non sexa obxectiva.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité