Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 avril 2013

ZAPATOS PRUSIANOS SEN CALCETÍNS

Cervantes

 

O meu pai soubo esta noite que eu había de ir á Lavacolla para unha viaxe da que aínda ignoro o destino, pero premeuno a necesidade de volver a Santiago, onde el viviu uns anos da infancia. No meu soño, eu discutía coa miña nai porque ela comprometérase a elaborar a miña equipaxe, que metería nunha mochila verde de alta montaña. Regresei á Casa do Gato, o lar da nenez, despois de traballar. Irritoume que estaba apresado e atopara a mochila baleira. Levaba postos, sen calcetíns, uns zapatos marróns con costura prusiana que pertencían ao zapateiro paterno. Aita sorría tan retranqueiro como en vida porque regresaba á Algalia de Arriba, ignorando o que doía a Nabokov: "Nunca serei rico abondo para recuperar a infancia, para recuperar o sabor do chocolate suízo de 1910".

Foto: Praza do Pan (Santiago). Noel Feáns.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité