Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 avril 2013

E, POLO PAÍS, UNHA OFRENDA FLORAL A RISCO

mies

O día veu preñado de sorpresas e ledicias. El Celler de Can Roca encabezou a lista de Restaurant e tres estudos de arquitectos islandeses levaron o Mies van der Rohe, que se entregará nese pavillón tan emotivamente equilibrado que se reserva en Montjuic. Tanto un coma outro se apagaron coma emocións logo de anuncialos porque me parecen dous recoñecementos exentos de risco e, polo tanto, cadáveres na ambición. Os irmáns Roca gañaron, como deu a entender o xurado, por ser bos rapaces porque, a ese nivel de exquisitez, é inxusto elexir. O Harpa arrefriou o meu entusiasmo porque me lembrou esa arquitectura simplona de cubos tan Kursaal. Aínda me queda a esperanza do intento anovador dos Roca coa súa ópera El somni, pode que ese sexa o vieiro para diferenzar a cociña sofisticada xeral, e a cociña sofisticada e individualizada. Polo demáis o dia deixounos algo ben divertido. Eugenio Trías gozaría de saber que lle deron o seu nome á Casa de Fieras de Madrid. Polo noso país, seguimos desbordando implicación e orixinalidade: cincuenta aniversario de Vicente Risco e todo o que o lembramos é cunha ofrenda floral en Allariz. Xa dicía don Vicente que "somos un pobo aparte".

Photo: Ludwig Mies van der Rohe

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité