Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 mai 2013

A LUZ DE FIDIAS

portrait_of_another_old_man1350002303010

Cruzando a Porta Falsa da muralla de Lugo o pasado luns, topei cunha pintada anarquista: «Fagamos de Galiza unha Grecia». Pola contra, eu aspiro a converter Galicia nun país nórdico, non só polo clima fresco, senón porque as sociedades do norte de Europa viven nun discreto equilibrio entre capitalismo e benestar social. Mirando a frase, lembrei a confesión de Acisclo Manzano contemplándomos a fachada románica da catedral nun atardecer dourado: «Eu era comunista ata que descubrín a luz de Fidias». Despois, explicoume o xeito no que o escultor abandoou a ortodoxia para revolucionar a luz na arte. Nesa mesma Grecia que tanto nos fascina a ambos había sofistas. Mesmo pasaron polo pleno de Lugo co exconcelleiro Antón Bao brandindo a proposta de declarar persoas non gratas a deputados galegos do PP. De non recoñecer na trastenda da iniciativa maximalista un intento para represar a AGE, tomaríaa por morriña da Marcha de Xove no 77. Non menor perplexidade me causou ese día García Díez, que foi alcalde, explicando que «la gente no puede esperar de los diputados que cada uno vote en conciencia». Argumentaba o parlamentario en Madrid que a súa vontade está sometida á colectiva do partido ao que se prometeu representar. Diso poderíamos deducir que tanto ten que se presente el ou outro. Os que recordamos o paso de Bao e máis o de García Díez polo Concello con amabilidade agardamos deles máis brillo persoal. Acisclo xa deu coa vella luz grega.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité