Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 mai 2013

ORANDO ATA AS VINDEIRAS ELECCIÓNS

inundación firenze

Os meus amigos liberais, mesmo os máis frecuentadores de lecturas, ignoran quen foi Leo Strauss. Xa lles recomendei El libro de Maimónides, que vén de quitar Pre-Textos, pero quizais compriríalles comezar polas conferencias que se recollen en ¿Qué es filosofía política? (Guadarrama). Sorpréndeme porque o Partido Popular vai aplicando as teorías de Strauss, un ateo cernudo, que garantía o goberno da cidade para as elites mentres o pobo se mantiña motivado polo patriotismo e a relixión. O patriotismo español converteuse nunha disciplina deportiva a falta de exitos bélicos ou económicos, coma se a victoria dos atletas mellorase nalgún punto as vidas individuais dos patriotas. A relixión converteuse nun motivo para o impulso do share de La 1 a maiores de ser causa de evanxelización a través das reportaxes sobre venta de cirios, rezos de desempregados, instrucións morais sobre roupa, cocións da lei do aborto e peticións de axuda laboral a tallas de madeira consagradas. Cósimo de Médici defende nas Historias florentinas de Maquiavelo que "non se pode conservar o poder a base de oracións", pero os conservadores están en disposición de desmentirllo.

Photo: Firenze (4 novembro 1966)

Publicité
Publicité
Commentaires
C
En canto as xestas deportivas, lembrar que polo menos o futbol profesional non deixa de ser un xogo entre vintedous mercenarios presididos, SEMPRE, por dous ladróns...<br /> <br /> Dende logo, co Depor e o Celta incluídos...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité