Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 septembre 2013

COMO NON SER MANUEL JABOIS

cecil-breaton-morocco-1949

Pensei que o superara, pero enganeime. Libros del KO envioume Maneras de ser periodista, de Julio Camba, un libro que teño ánimo de ler -en canto escriba isto- e de comentar a semana que vén en El Progreso. Dende que me chegou, ándame voando sobre a cabeza como escribir sobre Camba despois de Manuel Jabois, que soa dramático como aquilo que preguntaba Primo Levi sobre os campos de concentración aínda que non sexa. Jabois presentouse no panorama columnístico galego hai un cuarteto de anos como che irrompían os curmáns guapos e simpáticos nas festas do 8 en Ribadeo. Avanzou por entre todos nós sen advertirnos, non por soberbia -eu non lla cheiro malia o éxito-, senón abudante en talento, insolente no contido, fresco na metáfora e irreprochable no ritmo da frase. Cando ves achegarse vento do sur soprando con esa forza podes reaccionar coma Robert Greene cando descubriu un pailán chegado dunha aldea do norte que pretendía competir cos dramaturgos asentados en Londres, raíñas nais. Descualificouno como Shake-scene (axitador de escenarios) deformándolle o apelido, Shake-speare. Eu considerei máis resolutivo facerme a un lado na estrada cando sentín soprar na caluga a velocidade á que se desprazaba o trailer pontevedrés. Especulei con que o xenio minguaría nunha madureza que debería chegar máis logo ca tarde ou que, no peor dos casos, erguería a Jabois moi por riba de min, ata o nivel que lle correspondía. Aconteceu o segundo, el marchou a Madrid e eu dei acougado. Porén, non me permitirei ocultar que, ao longo de dous anos, sentinme reprimido pola solidez da súa prosa cando trataba de desenvolver a miña.  Spike Jonze preguntouse Cómo ser John Mlkovitz e eu pregunteime Como non ser Manuel Jabois. Ocorríaseme un chiste ou unha anécdota doméstica, e logo daba á tecla coa frecha pintada cara á esquerda para borrala temendo que lembrase a Jabois. Eu sempre escibira usando eses dous recursos, pero a necesidade de manter a marca flotaba a uns centímetros da pantalla do portátil. Tendín, por mor diso, a redobrar referencias lectoras, que, por unha cuestión miserablemente biolóxica, eran máis abundantes cas do modelo a ignorar. Hai uns meses, ese peso case que físico esvaeceuse coa súa migración e eu sentíme autorizado implicitamente para recompoñer o meu xeito de escribir.  E chegou a proba de Camba, que se me presenta inadvertida e desafiante, coma esas bombas da Guerra Civil que aparecen nas praias.  Escribirei,  novamente impactado, ese artigo. Vaia polos dous mestres.

Photo: Truman Capote (Morocco, 1949) Cecil Beaton.

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Pois eu descobrín dous paxaros dunha casualidade. Dous paxaros dedicados á literatura, ao xornalismo e demais bloguerías, totalmente descoñecidos até hai uns días para min. O primeiro foi Juan Tallón. Dei co seu libro, EL VÁTER DE ONETTI, vin que era de Ourense, e entre Onetti e Ourense teceron en min unha abafante tea de araña da que non puden desprenderme. Informeime mais ou menos a ver quen era o tal paxaro Tallón, lin algúns dos seus artigos, cheirei no seu blog, lin algúns dos seus comentarios, e mergulleime tamén no do Onetti, que me pareceu excelente. Pois si que ven pegando forte esta xente nova. Por unha desas carambolas a varias bandas que acontecen no xogo das literaturas, o Tallón levoume ao paxaro Jabois, do que só lin duas ou tres cousas publicadas en El Mundo (xornal que eu non teño o costume de comprar nen ler) e non sei onde mais, que tamén me despertou curiosidade. Creo que gosta de Camba, Umbral... Bueno, bueno. Haberá que seguir a estes dous "monstros" da escrita.
Répondre
V
Cadaquén ten o seu estilo. Hónrache a túa humildade! Todos queremos ser Jabois, e facemos ben en vez de criticalo pola envexa.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité