Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 septembre 2013

19.32

 

Jesse-Owens-Jumping-Pole--016

A teoría aceptada máis acriticamente polos xornalistas de Madrid que reflexionaron sobre o ambiente que se vive en Cataluña é que unha elite política e un sistema educativo dan enganado a millón e medio de persoas para que deixasen outras ocupacións máis perentorias ás 17.14 e desen un estarrecedor berro seco que ecoaba en 19.32, cando se aprobou o primeiro estatut. O grupo máis salvaxe que padecemos naceu nas Provincias Vascongadas da educación franquista e entre líderes que eran encarcerados por pediren o voto libre. A cincocentos quilómetros e 84 anos de distancia, unha vintena de mozotes irrompeu nunha libraría catalá de Madrid cos ollos ocultos e músculos ao vento para proclamar a berros bravos e empurróns que Cataluña forma parte de España. Quero pensar que non están formados no sistema educativo local nin están influídos por líderes que lles alentasen a esparecer con gas pementa nun espazo de cultura; catalá, neste caso.

Photo: Jesse Owens jumping (1936)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité