Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 septembre 2013

O ESTOUPIDO LIBERADOR

GzbnF (1)

Unha das pintadas mais macabramente ridículas que lin foi aquela que cuspía a columna dunha ponte segundo se descende da A-6 en Rábade. Sinalaba que un xornal galego apuntaba para que Amedo disparase. Daquela, en pleno ferver criminal dos GAL, representábame eu o policía de O Corgo buscando na sección de Nacional nomes para os seus listados.  Desculpen o ton humorístico con trasfondo macabro, pero é que estes días veño lendo acusacións case tan inxustas coma ignorantes contra os medios de comunicación por faceren o seu traballo de transmisión entre os feitos/opinións e máis o público interesado en coñecelos. Mesmo acúsase as televisións, radios e xornais da invención dun grupo terrorista, Resistencia Galega. De non ser polas bombas, xuraría que tiraron o nome  dunha parodia novelada que escribe Diego Ameixeiras. O curioso da violencia con móbil político que se practica actualmente é que abandonou a inspiración marcial (exércitos, comandos, comandantes,...)  e responde ao modelo de marca que abeira unha serie de franquicias co que se organizan a xeito das multinacionais. Por iso, estranoume que se castigue a dúas persoas con oito anos de cárcere por pertenza ao que semella unha marca branca. Talvez eu estea demasiado influído pola lectura de Vida líquida (Austral) de Zygmunt Bauman e, por iso, non lle atope unha solidez estrutural ao nome. Paralelamente, non deixarei de remarcar a tranquilidade de que dous individuos penados por tenencia ilícita de explosivos fiquen nun espazo controlado durante ben anos. Nada me desagradaría máis ca entrar a un caixeiro quitar 20 euros e que me estoupase a Liberación Nacional nas pernas. Como di un amigo, "non paga o cartucho".

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité