Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 octobre 2013

OS SUECOS VOLVEN AMOLAR

Melvin_Sokolsky_Bicycle_Street_Paris_1963_thumb

A Academia Sueca, ese club de lectura, equivócase todos os anos por estas datas ao conceder o Nobel de Literatura. Botei a semana estruturando este comentario con impresións de lecturas de Haruki Murakami e un par de anécdotas simpaticotas. De feito, hai anos que conservo na cabeza os 1.640 caracteres de louvanza, pero os suecos andan negándollo e acabei por esquecer a frase rotunda coa que había de pechar o artigo. Sabía que este ano non llo daría ao xaponés porque o pasado ano a Academia despistounos co chinés Mo Yan e isto é como as Olimpiadas, que non repiten continente como Ana Botella non repite vestido. Por riba, Murakami non ten alcaldesa con logopeda que lle defenda a candidatura. Nas apostas de Labrokes Philip Roth era o favorito, polo que collín a súa Pastoral americana (Faktoría K). Unha semana lendo sobre O Sueco para nada. Seica aos suecos arios non lles fixo chiste o alcume do protagonista de segunda xeración e desviaron o tiro cara ao norte, a Canadá. Quen carallo coñece a Alice Munro? Polo que leo en Twitter todo quisque. Mesmo sitúana de par de Carver. Eu linlle un conto de Mi vida querida (Lumen). Non sendo Carver, non me disgustou. Andei de norte a sur da miña casa buscando o maldito libro. Atopei no seu lugar La rana viajera de Julio Camba, nunha edición de Austral que comprara un tío meu solteiro, carlista e socarrón en 1948. Juan Tallón conta que Juan March anunciou a Julio Camba que ía promovelo para a Real Academia Española. Ao galego debater as palatais non debía provocarlle excitación maior ca un bocexo, polo que respostou ao potentado: «Académico da lingua? Prefiro que me poña un piso».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité