Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 octobre 2013

ESTRASBURGO DIAGNOSTICA DIXESTIÓN LENTA

hamlet

Creo que podo entender o que senten hoxe moitas persoas en España como consecuencia da sentenza de Estrasburgo. Non é excepcional atoparse a Amedo paseando polo centro de Lugo nin menos atravesar un paso de cebra e sorprenderse da súa educación ao agardar serenamente no seu Mercedes granate descapotable a que pases. A democracia española ten unha dixestión lenta, incómoda, porque se instaurou do mesmo xeito improvisado no que se fai todo neste estado sureuropeo. A grande estrutura de poder franquista foi traspasada da ditadura sen cuestionamentos a un réxime de liberdade: todo o que afirmaba que se espertara demócrata era aceptado como tal, viñese de onde viñese. Fraga ou Suárez son dous exemplos de supervivencia. Preferiron camaleonizárense a seren extintos. Eles procedían dun sistema no que a vontade dos dirixentes estaban por riba das normas. Os seus herdeiros consentiron aos xuíces que ignorasen toda a estrutura normativa baseada no principio de igualdade e na prohibición de retroactividade para castigar con maior severidade uns delictos que, non me esquezo, eran horriblemente severos. A democracia -e o seu sistema de garantías, logo- foi imposto -desculpen a frivolidade- a xeito de Chicote nos restaurantes que non funcionan: cambiáronse a carta e a decoración. Ás veces, a chafallada serve; case que sempre, fracasa por faltar unha base. A Doutrina Parot é unha desas de milleiros de improvisacións que se fan decotío en España. Agora, claro, laméntase de que a deite un soprido do Norte. Asasinos, violadores e narcotraficantes terán unha liberdade que non merecen porque os gobernantes non souberon crear unhas bases para a liberdade das restantes persoas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité