Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 novembre 2013

INCERTIDUME E INTEMPERIE EN WERT

vietnam

A vida é algo que improvisamos todos os días. O modelo educativo de Wert responde a un concepto desas pistas americanas nas que adestran os militares: sitúa aos rapaces nunha carreira con obstáculos que se lles presentan como imposibles de superar, aínda que non o sexan. Cambiando as normas de xogo en medio da partida, o ministro de Educación vai lograr unha xeración de estudantes afeitos á incertidume e á intemperie. Porén o modelo Wert ten partes negativas. Os alumnos -nomeadamente os pobres-, con tanto cambio e tanta miseria, non van adquirir os coñecementos para desenvolverse nunha profesión. A reforma educativa do político taurófilo que medra no castigo durará tanto coma el no cargo porque desgusta mesmo ao seu partido. Ben sei que a improvisación e a chafallada instantánea son características fundamentais na idiosincrasia española, pero os centros educativos deberían formar cidadáns e non membros das forzas especiais de intervención en catástrofes.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité