Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 novembre 2013

O PULIDOR DE LENTES

 

Bayard_Rustin_NYWTS_3

Peter Sloterdijk propuxo, nada menos ca nun foro coma o Frankfurter Allgemaine Zeitung, eliminar a «cleptocracia estatal». O filósofo alemán referíase a suprimir os impostos e subtituílos por doazóns. A iniciativa sitúao máis alá do liberalismo, nunha terra de ninguén entre o cristianismo máis primitivo e o anarquismo máis ortodoxo. Ao tempo que sostén esa gaitada, acusa á esquerda radical de tratar de quitar rendemento político á ira dos pobres. Calquera que coñeza o manual de estilo parlamentario de AGE no Hórreo pode comprender a que se refire. A diferenza deses deputados, Sloterdijk ten discurso reflexionado. O seu ensaio Ira y tiempo (Siruela) dedica un bo tramo a desmontar esa proposición dun «novo comezo da Historia» que propoñen colegas como Slavoj Zizek. Curiosamente o pensador marxista definiu a Sloterdijk coma «o enfant terrible do liberalismo-conservador europeo». Porén, en Ira y tiempo avoga por prestixiar a ambición como sentimento lexítimo do empresario, buscar pactos entre capital e traballo, e dar unha «dimensión transnacional ao estado social». Non explica como vai financiar ese sistema de benestar a base de doazóns, pero Sloterdijk é filósofo e non economista, afortudamente. No fondo, detrás de tanta contradicción e aparente inconsistencia asoma un interesantísimo socrático, que pregunta por todo. Os alumnos de cinco institutos galegos veñen de premiar Ira y tiempo co Bento Spinoza, o galardón que lembra ao filósofo que tivo que sobrevivir pulindo lentes tras ser expulsado da sinagoga e de Amsterdam completa en 1655 por afirmar que iso de Deus el non o tiña tan claro.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité