Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 décembre 2013

TRES BOINAS VERMELLAS

BLACK

Vostedes non o lembran, pero xa lles teño falado do meu tío Santiago Jaureguizar, de quen herdei a inclinación á obesidade e varios libros de Camba. Como bo vasco era larpeiro, futboleiro e sentimental. O seu segredo máis agochado, soamente despois da pistola coa que disparou contra ateos no Ebro, estaba gardado nun caixón ancho e pesado situado na parte baixa dun armario grande coma a porta dun garaxe. De cando en vez, nos chamaba ao cuarto para abrilo. Quitaba tres gloriosas tortas encarnadas, tres boinas vermellas de requeté que algún fanático de Deus e as Leis Vellas adaptara para as cabeciñas inocentes. O pasamento de Germán Coppini lembroume a Julián Hernández contando que coñecían a aquel rapaz de repartir folletos anarquistas con medo da familia. Antón Risco confesa en Risco segundo Risco que o pai desaprobaba o seu uniforme de flecha. A seguir rememora a Vicente Risco «con boina vermella». A primeira parte dese libro que edita Galaxia está dedicada a xustificar o equilibrio solitario que mantivo o pai para agochar as súas ideas galeguistas e católicas tras sobrevivir ao fogo cruzado duns republicanos que o defraudaron e uns franquistas que lle parecían intelctualmente torpes. A pesar de todas as maledicencias que teño escoitadas sobre o intelectual ourensán, comprendo que o medo a ser fusilado é Dereito Natural. Sóbranme as excusas non pedidas que desenvolve o fillo partindo de pequenos xestos vistos no pai. Desencantado tras rabuñar as utopías carlista e anarquista, o meu tío e Coppini atenderon á poesía. Risco, ao ensino. Abonda de explicacións.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité