Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 janvier 2014

A ESPÍA QUE SE ME CONFESOU

Kennedy sleeps

 Hai máis de vinte anos intentei que me amase unha espía. Na primeira noite que nos asomamos ao neón brillante de pubs confesoume o seu oficio. Resgardarei os datos por prevención, pero traballaba no Servizo de Información da Garda Civil, ou iso me contou. O seu labor consistía en asistir a clases nunha universidade vasca coa misión de infiltrarse nos ambientes da esquerda independentista. Era necesariamente nova e necesariamente guapa. Imaxino que o tacón e a minisaia coas que se me presentaba quedaban na casa delegando a responsabilidade nuns vaqueiros fendidos, un xersei de la, unha chapa antinuclear e unha palestina. Sempre me preguntei por que me revelou o seu segredo ao pouco de achegarnos. No caso de que fose certo resultaba cándido confesarmo. De ser unha falsidade era estúpido. En calquera dos dous supostos trataba de impresionarme, presumo. Acordei dela mirando os asasinos da ETA amosándose coma gorilas en celo en Durango. Os etarras cumpriron as súas penas, ben, e deberían marchar para casa en silencio. Esixirlles un cambio nas súas convicións é arrogante; reinvindicar que pidan perdón é acertado, pero inocente. Sería como agardar unha comparecencia pública de criminais e torturadores franquistas e postfranquistas. Representeime as persoas relacionadas cos seus cadáveres: os familiares, os amigos. Para eles o delicto nunca prescribirá. A superación da violencia política é cuestión de tempo. Os sufridores non a superan, pero as colectividades esquecen nuns anos. "O sangue seca rápido", alegaba con crueldade e con evidencia De Gaulle. Ninguén reclama o perdón polo acontecido en comisarías e cuartelillos. A xustificación podemos atopala parcialmente nesa lei de prazos que alza unha parede divisoria entre unha violencia e a outra en atención á súa antiguedade.

Photo: Robert F. Kennedy sleeps on the floor of a plane during his 1968 presidential campaign

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 437
Publicité