Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 février 2014

A FRONTEIRA INSOSTIBLE

alxer

Un personaxe de Graham Greene, o novelista Q. C. Savory, que elude disimulosamente pronunciar os 'd' intervogálicos na tradución para o español. Non hai participio que indulte: condenao, dao, inspirao,... Faino por sentirse vulgar e, sabéndose por riba da xentalla, tratar de que o pobo se identifique con algún dos seus riscos, como a fala. Trátase de baixar un banzo, pero cun so pé, para volver logo ao banzo superior. Se Rajoy non estivese determinado por ese accesos de populismo, comezaría o proceso de desocupación das dúas prazas africanas co longo prazo e a planificación que require. As avanzadas na fronteira sur española estanse volvendo indefendibles como vimos de comprobar co uso de formas de violencia inaceptables.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
A fronteira de 14 quilómetros de augas bravas que suporía para España ter a súa fronteira en Tarifa sería máis lóxica dende o seu punto de vista. Entendo que habería menos intentos para cruzala e mesmo, de haber vontade, se poderían salvar máis vidas de persoas que intentasen cruzar nas pateiras.
Répondre
C
Concordo en parte...

So en parte porque a fronteira trasladaríase a Tarifa..., e a insostibilidade veríase no afundimento de pateras ao tentar impedilas achegarse...

A solución non a hai...

Ou non a vexo...

Ou as que vexo non son tolerabeis...

Ou non o son ainda...

Chegaremos a isto?...

http://1.bp.blogspot.com/-iydLx4AOvUY/T_ICfaHTyeI/AAAAAAAABSw/tErXYzRnJwQ/s1600/5.jpg
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité