Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 mars 2014

SUÁREZ FOI BEATIFICADO SEN ADVOCATUS DIABOLI

mary of scotland

Toda esta enchente de devoción cara a Adolfo Suárez, estas cinco décadas velando ao Mario de Delibes, esta tumefacción de louvanzas, este permanente descubrimento de fazañas, esta heroificación dun home que apostou todo a cara cunha moeda que se deitou de cruz, empeza a cansarme. O expresidente do goberno español foi un dos poucos políticos de obediencia franquista que soubo anticiparse á evolución de pecharse en si mesma para resistir ata a derrota nunha sorte de novo Alcázar. No canto de fortificarse nas estruturas da ditadura e agardar pola implosión, optou por arriscarse en campo aberto e negociar co inimigo democrático. O seu mérito, non cativo, foi ese. Agora que morreu asisto fascinado a un proceso expreso de beatificación no que se eliminou -como xa perpetrou Xoán Paulo II na Igrexa Católica en 1983- o advocatus diaboli. O proceso de altarización carece de contrapeso crítico. Para apaciguar a miña indignación teño que aceptar que Adolfo Suárez foi o político mais salvable da dereita española que se camalenizou tras o 20N de 1975.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité