Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 mars 2014

O PRESIDENTE MUNDIAL DE BILBAO

Roman-Vondrous

O día en que morreu o alcade de Bilbao souben que me había de chamar a miña nai. Itziar Ortiz de Zarate naceu en Bilbao e agora vive en Bilbao tras cincuenta anos amosando unha poderosa forza de vontade por non pisar a baldosa de Bilbao dende a mañanciña ata o solpor. E a miña nai chamoume para comentar "lo de Azkuna", que se era un bo alcalde, pero a negativa a retirar os retratos dos rexidores franquistas afeaba un pouco todo o seu labor para volver a convertir Bilbao na capital mundial da capacidade para rirse da propia soberbia. Nese mesmo día, o fillo lévedo de Adolfo Suárez anunciaba o inminente pasamento do señor que inventou a democracia que naceu fóra de Bilbao. A miña nai acordou do expresidente español porque os acontecementos chegan solapados, tanto que ás veces soamente reparas no importante. Hai un chiste bilbaíno sobre bilbaínos que me encanta. Entra un señor nunha libraría. "Por favor, dáme un mapamundi de Bilbao?" "Con aforas ou sen elas?"

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité