Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 avril 2014

SEMANA SANTA, ESPAÑA

Cooper_Egressing_Faith_7

Semana Santa, España. Oito badaladas dominicais acompasan uns cantos harmoniosos. Deixo o café para asomar ao balcón. Estou vestido, descalzo. A camiseta das bicicletas de Eivissa ben se defende co frescor educado da mañá. Un grupo de fregueses adéntrase no cantón por baixo da casa. Son anciáns que alegran as cabezas brancas e grises con panos vermellos ao pescozo. Cargan unha figura cuberta pola caluga e as costas por un pano negro sobre unha peaña. Os catro portadores amosan ilusión, non parece que lles represente unha carga. Polo extremo contrario da praza, boa sincronización, penetra outro pequeno colectivo de católicos que, podo recoñecelo, leva un cristo do tamaño cativo que podería ter un xudeo do século I antes de Cristo. Os grupos achéganse avanzando a son ata o centro da praza. A cada dous pasos, indicados pola letra dos seus cantos, deben axeonllarse; un xesto de respecto que realizan intensificando o simbolismo porque non dan pregado os seus corpos ríxidos de anos e anos vividos. Cando se senten autorizados polos seus propios salmos, desvelan á talla feminina, fan que rodee animadamente o cristo e marchan xuntos pola praza para perdérense ao fondo como cando os nenos e as nenas dos setenta xuntabamos geypermáns e barbies para encamiñalos cara ao misterio. Semana Santa, España.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 534
Publicité