Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 avril 2014

DISNEY FILOSOFA EN PONTEVEDRA

chess3

Terrible Eagleton na Semana de Filosofía de Pontevedra. Veño de ler a información de Marcos Pérez Pena, aínda conmovido pola suxestiva intervención de Terry Eagleton, na que fixo unha enmenda parcial ás lecturas tradicionais de Marx. A explicación sobre as reflexións de Marx son atinadísimas e aínda máis a presentación da dramaturxia marxista -sufrimento que garante liberación- coma modalidade paralela á dramaturxia católica. A miña discrepancia con Eagleton empeza polo principio, pola tese que avanza no título. Como pode dicir que Marx está vixente se o filósofo analiza unha sociedade, a decimonónica, na que a propiedade e a forza de traballo eran categorías puras. Que ten que ver coa realidade das clases baixas da actualidade, que son propietarias dun coche e, en moitas oportunidades, dunha vivenda e mesmo de fincas? Pero ben, apliquemos o marxismo segundo Eagleton: "Amádevos os uns aos outros coma eu vos amei", vén recomendar nazarenamente coma xeito de superar as diverxencias de intereses laborais e a cada vez maior concentración de riqueza. Case estou por dar a razón a Francisco Marhuenda cando lamenta o dano que causou Disney presumindo que "os animais podían razoar e falar". Espero que Eagleton non sexa tan cándido como para receitar unha solución cristiá para a economía e o traballo. O secreto para que o cristianismo se manteña durante dous mil anos e o marxismo quedase en suspensión de pagos antes do primeiro século de ser realizado en diversos países do planeta, ben diversos social e culturalmente entre eles. Malia todo, seica que os"socialdemócratas, mexamornos" -que define lizgairamente Teresa Moure no último Luzes; onde xura odio aos moderados, sen que eu atope unha orixe lóxica de tan desatada ira- son a raza falsa fronte a pureza das verdades que son irrefutables por agromar na Revelación.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité