Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 avril 2014

NAPOLEÓN PERFUMADO

Harold Feinstein

O libro electrónico máis vendido estes días é Cien años de soledad. O dato non me interesa concretamente, senón como síntoma do anodinos e influenciables que son os nosos gustos literarios. García Márquez morre, García Márquez vende; a ninguén lle apetece sentirse convidado nunha conversa. A min pasábame co fútbol; con todo, negueime durante corenta anos a mirar partidos por moito que determinasen un ostracismo disimulado entre os amigos. Agora, paternidade condiciona, asisto como telespectador a algún encontro e como espectador a partidos de nenos. Napoleón levaba un frasco de auga de Colonia disimulado nunha bota para poder perfumarse nalgún momento reservado. Era o emperador de Europa, pero temía o desacougo que lle descubrisen o manancial do seu recendo fresco e permanente. Eu nunca me perfumei coa literatura de Gabo, o escritor que fixo pasantía nos libros de Cunqueiro pareceume insulso, facilón, efectista e infantil cando lle dei senllas oportunidades a catro libros seus. Pensei que era unha discapacidade miña ata que descubrín valentes que se atrevían a expresar en público o que eu intuía. Esa percepción da novelística marqueciana lévame a cuestionar ese éxito electrónico das súas obras. Nada contan nese formato o recendo a tinta, a fonte, o corpo, o interliñado, as marxes, a folla de respecto o cosido do lombo, a flexibilidade do volume, a imaxe da capa... e todas esas cousas que gozamos ou nos enfandan aos catadores de libros. "Os libros teñen os mesmos inimigos ca o home: o lume, a humidade, as bestas, o tempo,... e o seu contido", escribiu aceradamente Paul Valéry.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité