Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 avril 2014

UNHA REFERENCIA FAVORABLE AO DEMO

languages

Hame perdoar, Gloria Lago, que me dirixa a vostede dende o escenario do Cabaret Voltaire sen que ninguén nos teña presentado e que o faga no meu idioma. Tendo en conta que son vasco e que me criaron en español, mesmo lle agradecería que valorase a xeira que me representou aprendelo e que me representa usalo decotío. Esta tarde fixen algo excepcional: andei lendo no seu blog. Non o teño de costume, non tanto porque as nosas visións sexan diverxentes -leo varios blogs de persoas que razoan distinto a min-, senón porque ten un xeito -non vou ser ferinte- sinxelo de expoñelas e un estilo coloquial que me resulta minimamente suxestivo. Pero hoxe si, hoxe lin porque Galicia Bilingüe sinalou un acceso mediante un tuit que me alporizou. Transcribo o enunciado na súa lingua orixinal e aproveito para pedirlle unha versión bilingüe: "Una hostelera asturiana es acosada gracias a la plataforma Prolingua". Eu teño aos señores de Prolingua por xente elevadamente sensata e incuestionablemente educada. A entrada que vostede fai no seu blog, na que carga de toda culpa de insultos e barbaridades contra una hostelera asturiana a Prolingua, responde a aquela sinrazón que chegou a exclamar Winston Churchil cando lle afearon os pactos con Stalin (traduzo do inglés): "Se Hitler invadise o Inferno, gustaríame, cando menos, facer unha referencia favorable ao Demo na Cámara dos Comúns". Entenda que non comparo a hostaleira co ditador comunista, pero non me pida que a compare a vostede co presidente británico; era un exemplo. Supoño que vostede reaccionaría con estrañeza se un hotel francés respostase burlona e soberbiamente a un parado grego que solicita un emprego e alega ter un nivel alto de español. Pensaría, comigo, que o propietario fai unha exhibición desmesurada da súa ignorancia. Se me permite, Gloria, aínda está a tempo de rectificar, de desculparse ou, sinxelamente, de borrar caladamente a entrada no blog; especialmente, esa Wikipedia tan vergoñenta que manipulou con tan tenra torpeza.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité