Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 mai 2014

NAS MANS DE, A MANS DE

workers-taking-a-break-in-the-snow-inkbluesky

Iolanda Díaz discutía onte con Feijoo no Parlamento sobre siniestralidade laboral en Galicia. Aseguraba onte que "46 persoas morreron NAS MANS dos empresarios". Eu entendín a formulación da representante de AGE como un acto de caridade, cos empresarios collendo no colo ás vítimas, pero logo largou o de "terrorismo empresarial" e recapacitei en que a ferrolá aínda non comprendeu que O Hórreo non é un espazo para mitins. Entendo que quixo dicir a barbaridade de que "morreron A MANS de empresarios". No caso, improbable, de que o 100% deses accidentes mortais sexan atribuíbles aos patróns por culpa e mesmo por dolo (iso require ser terrorista, procurar a morte) non parece o lugar nin as formas. En fin, a deputada comunista empeza a espertarme unha durmida simpatía por Feijoo, aínda que soamente sexa porque ten que argumentar o fondo e aturar as formas extraparlamentarias da parlamentaria.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité