samedi 15 octobre 2011

A MILAGRE ECONÓMICA DE GALICIA

Galicia está empezando a ser analizada polos economistas forenses, eses que nunca se enganan, como modelo para os manuais de Historia da Infamia do curso vindeiro. Se nalgo somos un país único, un cadáver a diseccionar para coñecer o know how de como nos resignamos a desaparecer como colectivo nacional, é na nosa milagre económica: fomos quen de perder as nosas entidades financieiras nun prazo dun mes. Agora, calquera proxecto que se pretenda financiar non será estudado sobre o terreo, senón sobre a pantalla do ordenador a, como... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:20 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : ,

mardi 4 octobre 2011

O ACENTO GALEGO QUEDOUNOS NUN 6.8%

O acento co que falan os vellos hoteis fascíname. Gústanme eses hoteis que ocupan mazás completas porque os reformistas de primeiros do século XX os deixaron como tarefa pendente mentres derrubaban rúas completas ata acabar por esquecelos. Eses hoteis falan tantos idiomas como bandeiras exhiben na fachada. Indubidablemente, tanto pendón procura ofrecer unha aperta identitaria ao cliente, pero o seu acento é sempre felizmente idéntico: o de lugares que son humanos pola cantidade de persoas que os formaron a base de gozalos durante... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 14 septembre 2011

A IMPOSICIÓN NON ABONDA: AS DIFICULTADES DE FALAR CASTELLANO EN GALICIA

Volve a guerra, os combates que nos afectan fondamente. A imposición dos particulares non abonda para manter o carácter nacional de Nova Caixa Galicia. Non temos claro que Castellano dea conseguidos os 500 millóns de euros que precisa, tras as amputacións consecutivas, para que a entidade sexa sincera ao denominarse como se denomina. A lingua universal non é o inglés e menos a música, como pretenden os benintencionados. Escoita falar ao diñeiro, advertían os AC/DC. A peza clave da nosa economía, por ordear a metade dos nosos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,