Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 septembre 2011

A IMPOSICIÓN NON ABONDA: AS DIFICULTADES DE FALAR CASTELLANO EN GALICIA

Vader-money2Volve a guerra, os combates que nos afectan fondamente. A imposición dos particulares non abonda para manter o carácter nacional de Nova Caixa Galicia. Non temos claro que Castellano dea conseguidos os 500 millóns de euros que precisa, tras as amputacións consecutivas, para que a entidade sexa sincera ao denominarse como se denomina. A lingua universal non é o inglés e menos a música, como pretenden os benintencionados. Escoita falar ao diñeiro, advertían os AC/DC. A peza clave da nosa economía, por ordear a metade dos nosos aforros e apuntalar unha boa parte dos investimentos no país non vai falar Castellano nin galego, senón a linguaxe de moda: fondos de investimento norteamericanos. A cada volta somos menos nós, as nosas ensoñacións de soberanía cotizan na bolsa de Nova York. Aínda podíamos aspirar a ser un país coa nosa cultura arrinconada, pero nunca seremos un país sen decidir sobre a nosa actividade económica. E isto non fixo máis ca empezar.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité