vendredi 6 juin 2014

AS CHARLAS PERDIDAS

A mañá foi de asuntos pendentes. Ao cabo dei solucionados case que todos, quedándome un importante; coma se eu fose un Estado en sucesión monárquica. O ceo presentouse pesado e inclinado a derrubarse sobre os tellados mouros, e eu tiña pendente unha videoconferencia con rapaces de San Clodio e Vilamartín de Valdeorras a media mañá organizada por Fran Bouso, polo que metín présa aos Adidas para achegarme á xestoría de Hugo. Cada ano sométolle a miña vida económica do anterior para que me indique os montes e moreas que debo pagar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

jeudi 12 janvier 2012

DE GOBERNO NA SOMBRA A PRESIDENTE NA NÉBOA

Os gobernos na sombra son máquinas que teñen a expectativa por combustible. O Partido Popular empuxou suavemente a transición de ser un goberno na sombra a reservar un presidente na néboa. Rajoy representa agora o papel de "quintaesencia do misterio", que escribiu Norman Mailer sobre Bobby Kennedy, a quen vía "capaz de encher o espazo cinematográfico entre Mickey Rooney e James Dean". O pontevedrés anda contado de carisma, pero iso debe desacougalo tan escasamente como carecer de trinta metros de eslora amarrados en Sanxenxo.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 3 janvier 2012

UN DETENTEBALA CONTRA A BATERÍA DE RECURTES QUE NOS DISPARA

Volveron as escuras pegas aniñar á altura do meu piso. Adoitan pasar a mudanza dos anos nun refuxio segredo que coidan en África, pero adiantaron o regreso. Na mañá de onte andaban brincando de póla en póla, cargando con ramalliños. Non me explico as présas. Terían que saber que veñen tempos de aforrar gasoil e encher os carros da compra con marcas brancas. As pegas deberon pensar que temos de fábrica o detentebala, a estampiña coa que os carlistas se sabían inmunes ás balas liberais. Imaxino que se encomendaron a Isabel Pantoja nas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,