Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
21 septembre 2011

ALBERTE MARIÑO PECHA (en falso) EDICIÓNS XERAIS

red-bookA última vez que estiven con Manolo Bragado, por volta de oito ou nove días, falamos sobre proxectos fallidos. El estaba doente porque Educación decidira que as axudas ao sector estaban de máis, como se estivesen tratando cunha fábrica de Ferrero-Roché. Bragado estaba doente, amolado, perplexo por este recurtar onde se precisa, pero logo, así como é el, animouse e agromou a contarme as vindeiras novidades que ían tirar. Os proxecto fallidos dos que falamos, débense exclusivamente á miña culpa, a que non lle entrego varios libros que teño comprometidos con Xerais porque non dou feito de encargas. Se a editorial fose pechar como disque lle contaron a Alberte Mariño, o seu director non me anunciaría libros para este ano, non me reclamaría textos nos que investir, digo eu. Alberte Mariño volve mobilizar o Helimer sen que Xerais semelle ter maior problema que manterse a capa para cruzar este temporal xeral e concretamente editorial. Atribúo este canonazo de pólvora mollada e outros anteriores a unha necesidade de reclamar lectores para o seu medio. O seu alcume resgarda un profesional rigoroso e a unha persoa inhabil para a maledicencia, polo que me sorprende esta deriva.

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité
Publicité