Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
3 février 2006

ARREDOR DE SI (MESMOS)

Alfredo Conde reflexiona algo moi sensato no último número da revista Dominical: "Un dos últimos redutos de Europa con capacidade narrativa é Galicia [...] salvando un grupo importante de grandes escritores, a maioría dos autores galegos son profesores...
Publicité
2 février 2006

A CASA GRANDE DA EDITORA

Reproduzo a contestación dos editores ás informacións da Voz: "Diante das informacións aparecidas nestes días nas páxinas dalgún medio de comunicación arredor do tema dos dereitos de autor, ou mellor, do impago dos dereitos de autor por parte dalgunha...
1 février 2006

CUBA SEGUNDO CONDE

A Editorial Galaxia edita Lukumí, a nova novela de Alfredo Conde, que presentará Ediciones B en español. No libro, Conde segue a historia do mulato Estevo, descendente de escravos africanos. O personaxe conta a historia da familia da súa nai, bailarina...
30 janvier 2006

DOUS RAPACES

O instituto monfortino da Pinguela convídarame a dar unha charla hoxe. Afronto unha gavela postadolescente á que debo entreter durante unha hora. Como adoito, improviso un sinxelo obradoiro de conto para que os rapaces non se aburran, comprendan a facilidade...
27 janvier 2006

ALICIA VOLVE SOÑAR

Alicia rematou o seu paseo polo país das marabillas e sentou ao abeiro dun carballo. Pensou daquela que se a Asociación de Escritores en Lingua crease unha asesoría xurídica podería facer reclamacións conxuntas por todos os asociados que non cobran que...
Publicité
26 janvier 2006

OS CINCO DEDOS DE ALICIA

"Érase unha vez un país chamado Galiza no que había unha lingua de seu e mesmo escritores que contaban, poetizaban e reflexionaban nesa lingua de seu. Nese país, había uns editores que negociaban os contratos de edición con todos os autores; si, con todos,...
25 janvier 2006

O TERCEIRO HOME

Agustín Fernández Paz e máis eu debatemos sobre o uso da primeira persoa como narradora. El usa ese recurso na súa vindeira novela, Corredores de sombra (hai información en El Progreso do martes, 24 de xaneiro). Defende que lle permite facer máis crible...
18 janvier 2006

ENTRE 'TIC TAC' E 'TRECE BADALADAS'

Suso de Toro terá novela do trinque para primeiros de febreiro. Entregarallo daquela á súa tradutora para que o publique Lumen en español no mes de maio. Un mes antes, poderemos lelo na versión orixinal; en Xerais, claro. O escritor avanza que o libro...
17 janvier 2006

A MÚSICA DO AZAR

A música do azar cesou de soar no noso sistema literario. Galaxia conseguiu os dereitos de Brooklyn follies tras os que andaba outra editora nacional. Carlos Lema, agora galáctico xa editara a Auster en Sotelo Blanco. Xa lles contara que o primeiro idioma...
8 décembre 2005

ESCRITORES ESPAÑOIS REACCIONARIOS E O VIÑO

O día santo para os católicos é un día axeitado para que os ateos fagamos cousas importantes. Na miña casa (90 metros cadrados) somos tres (30 metros para cada un) decidimos facerlle o seu espazo (25 metros cadrados cada quen) o vindeiro membro da familia....
7 décembre 2005

A CUBA DA LITERATURA XUVENIL

Xerais e Caixa Galicia veñen de crear un galardón para novelas dirixidas a rapaces. Cousa moi positiva que se delimite o Premio Merlín e que haxa outro para narrativa moza. Cousa moi positiva é que as empresas semipúblicas dediquen os seus beneficios...
6 décembre 2005

O HAMLET DE BRAXE E TOSAR

Na mañá leveu unha alegría ben alegre e cedeira, o Hamlet de Braxe e Tosar, que será montado cunha maioría de investimento privado. Un pasiño máis para que Galiza poida empezar en aspirar a imitar a Cataluña e facer cultura de seu (na súa lingua) con...
5 décembre 2005

ESE, OU OUTRO SEMELLANTE

O argumento de Cando Verne amarrou en Vigo é ben atractivo. Un orgullo que un valenciano escriba sobre Galiza, unha fachenda que un valenciano se documente tan detalladamente sobre a Galiza do século XIX (aínda que as veces introduce datos porque non...
29 novembre 2005

JAUREGUIZAR.INFO

O Cabaret Voltaire abre unha nova sucursal. Despois da novela editada por Galaxia e o blog www.cabaretvoltaire.canalblog.com, convértese tamén en páxina web: www.jaureguizar.info. O deseño de interiores é unha obra mestra de Marcos Sánchez, residente...
28 novembre 2005

TAL VEZ IRONÍA

Os organizadores da entrega do Premio García Barros indicáronme que debía sentar na Mesa 3. A noite foi ben divertida, con Camilo Franco sempre á procura do enxeño; con Carlos Lema sempre á procura da excelencia literaria; con Xabier López López, que...
22 novembre 2005

GONZALO TORRENTE 3

Moitos dos congresos aos que asistín semelláronme concurso de intelixencia e exhibicións de enciclopedismo. Esta fin de semana participei no terceiro Encontro de Escritores Galegos e atopei un modelo distinto, mellor. Luciano Rodríguez organizou un programa...
21 novembre 2005

TRECE POR DOCENA

Xabier López López, Xurxo Borrazás e máis un seguro servidor (falo de min, non busquen ironías) participamos no experimento que o editor de Navia de Suarna, Constatino Bértolo, fai no compilatorio de contos Trece por docena. Somos tres escritores en galego,...
18 novembre 2005

O CORREDOR FANTÁSTICO

Que me perdoe Martin Pawley, capo di capi do docampismo, pero o máis divertido que lin nos últimos meses é Fantasmas no corredor . A habelencia de Agustín Fernández Paz para montar unha trama fantástica (en todos os sensos) con catro elementos básicos...
17 novembre 2005

CABARET VOLTAIRE. 02

O pianista, que imitaba un cadáver polo físico enxoito e esluído e un neno pola enerxía emocionada coa que interpretaba, anunciou unha nova actuación cun fraseo identificable do seu instrumento. O enxeñeiro, que estaba de cara á parede, mirou ao camareiro...
15 novembre 2005

PROMO

Eu non me atrevo a escribir que os libros que reciben o Premio Planeta son malos, pero unicamente porque nunca lin un. O que si me atrevo é a defender que están estupendamente promocionados. Reclúen os gañadores nunha sala do Hostal dos Reis Crentes e...
14 novembre 2005

ANDRÉS BARBA, PREMIO TORRENTE BALLESTER

A Deputación da Coruña entregou o Premio Torrente Ballester o escritor madrileño Andrés Barba, segundo se soubo hai un bocado. Ráchase coa norma fáctica de concederllo a unha novela en galego e unha en español sucesivamente, porque ano pasado fora para...
11 novembre 2005

EU SEI DAS PRÉSAS

Aínda non se apagaron as luces da última homenaxe, todos o querían moito, encarnaba a dignidade nacional, escribiu en galego cando se che podían poñer os pelos coma escarpías, campo de Santa Isabel, regato do Cepelo, unha árbore aco e outra acolá ......
8 novembre 2005

PRIX INTERALLIÉ POUR HOUELLEBECQ!!!

Houellebecq estará quitando o suor da fronte. Tras perder un Goncourt anunciado e do que fachendou canto puido, levou o Interallié, o galardón que pecha a tempada francesa. Non pasa de ser un recoñecemento de consolación. A mín Houellebecq non me dá a...
7 novembre 2005

A LEVIDADE

A autêntica foi unha das derradeiras novelas de Saul Bellow, un dos escritores que temos coma favoritos Martin Amis e máis eu. No meu caso, debe de ser porque me lembra a John Updike. Remateina o sábado entre un apañe de castañas montés coa miña filla...
6 novembre 2005

A EDICIÓN 'SERIA'

O venres foi un día divertido: pasei dende as once da mañá ata a unha da madrugada falando de libros. Con todo, a xornada comezou no Simposio de Editores participando nunha aburrida mesa redonda sobre edición e Internet. Falamos máis do pasado que do...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité