Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
3 novembre 2011

CARMEN LOMANA, PEDRO J, SARTRE E MÁIS EU

CARMEN LOMANA, PEDRO J, SARTRE E MÁIS EU
Carmen Lomana non me convidou a valerlle en '¡Mira quien baila!'. Para ela son un imperfecto descoñecido porque coñece un chisco de min: sabe que son 'galleguiño'. Ando beirando ser perfectamente 'galleguiño', pero ela definiume así nun tweet, non dou...
Publicité
23 octobre 2011

A ESTATURA DO CALÇOTEIRO

A ESTATURA DO CALÇOTEIRO
TODO HOME PRECISA dun amigo ao que podia confiarlle un churrasco. No meu caso, Lois conta con toda a miña confianza para ocuparse de asar tres quilos de costeleta e media ducia de criollos porque é un experto. Niso, e en calquera outra ocupación que lle...
10 octobre 2011

A FAMILIA SOCIALISTA FAI INVENTARIO DE BENS EN LUGO

A FAMILIA SOCIALISTA FAI INVENTARIO DE BENS EN LUGO
A foto da famillia socialista nas casetas do pulpo amosouse fiel ao tópico. Semellaban varias pólas dunha familia reunidas no enterro dun deses avó que venden ata o traxe co que deberían soterralo para pagar as débedas. A mesa estaba chea de perdedores...
8 octobre 2011

FÉLIX ROMEO, UNHA BÓLA DE LUME

FÉLIX ROMEO, UNHA BÓLA DE LUME
Félix Romeo era unha bóla de lume. Aquela noite outonal de 1999 falamos por teléfono sobre algo persoal, pero fundamentalmente a respecto de Fole mentres el miraba un partido do Schalke 0-4. El exercía de conserxe na Biblioteca de Babel. Meses máis tarde...
30 septembre 2011

O TITANIC VAROU NO MEDIO E MEDIO DE LUGO

O TITANIC VAROU NO MEDIO E MEDIO DE LUGO
O TITANIC varou no centro de Lugo. Baixei visitalo onte. Impresiona porque ocupa toda unha mazá dun par de ferrados e se mantén nun silencio raro, coma esas baleas que van esquecendo de respirar despois de turrar contra unha praia. O xigante lugués quedou...
Publicité
16 septembre 2011

QUIQUE BORDELL TEIMA EN FALARME DOS UNIVERSOS PARALELOS UN LUNS POLA NOITE

QUIQUE BORDELL TEIMA EN FALARME DOS UNIVERSOS PARALELOS UN LUNS POLA NOITE
LUGO ESTASE volvendo perigoso polas noites. O luns volvía para casa tratando de que a carroza non se me transformase en cabaza cando atopei a Quique Bordell. Quique, tan imprevisible como a súa pintura, prendeu a falarme de física cuántica, esa que estuda...
11 septembre 2011

O MISTERIO DOS XEMELGOS RÚA

O MISTERIO DOS XEMELGOS RÚA
Os mitos tardan en caer; pero cando caen, caen de vez. Tempo atrás pedía eu con confianza de non cometer un ridículo un Viña Leiriña aos camareiros. Robert Parker, o crítico galáctico da revista Wine Advocate outorgáralle 90 puntos e iso cubría todas...
10 janvier 2015

O PECHE DA MENTE GALEGA

O PECHE DA MENTE GALEGA
A dereita francesa escoita argumentariamente a Eric Zemmour, o xornalista que traballa en Le Figaro. Zemmour, o galo entre galos, como adoita acontecer è fillo da chegada: è xudeo de orixe alxeriana e està casado cunha xudea de orixe marroquiana. Enche...
21 mai 2015

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO
O meu pai sabía que Rimbaud mentira cando asumiu que "vivimos e morimos de xeito moi distinto a como soñaramos e sen compensación ningunha". O poeta francés morreu cunha perna amputaba, entre febres, esgotado pola disentería que lle provocou a súa obsesión...
20 décembre 2011

AS MONSTER HIGH, GALEGOS QUE GOBERNAN EN ESPAÑA

AS MONSTER HIGH, GALEGOS QUE GOBERNAN EN ESPAÑA
Estou vivindo unha segunda mocidade. Con 13 anos comentín todas as parvadas sen base lóxica que se deben cometer. Agora reproduzo en plasma a xuventude de Telefunken en branco e negro a través da miña filla. Eu sempre lle tiven indeferenza as sinaturas...
27 juin 2015

O CÍRCULO DOS CABALOS CONTRA OS LOBOS

O CÍRCULO DOS CABALOS CONTRA OS LOBOS
HAI UN CHISTE recorrente que me fai unha graza estúpida: «Dimitir, ese nome ruso...» Dimitir é un verbo en desuso, como outras tantas palabras do galego; que quedaron perplexas, tan desorientadas como está a nosa lingua en si. Manuel Guede, o director...
24 septembre 2011

UNHA RUGOSIDADE INVASORA (HORAS ANTES DOS NEUTRINOS)

UNHA RUGOSIDADE INVASORA (HORAS ANTES DOS NEUTRINOS)
A primeira hora de onte, segundo deixei aos cativos no colexio, achegueime á miña biblioteca pública de referencia para retirar dous manuais de divulgación científica. O diálogo con Quique Bordell prendeu en min o misto de que, tal vez, a física cuántica...
27 septembre 2011

HAI PASADOS QUE É MELLOR DEIXAR ESTAR ONDE CARALLO ESTEAN

HAI PASADOS QUE É MELLOR DEIXAR ESTAR ONDE CARALLO ESTEAN
Hai pasados que prefiro deixar onde estaban. Esta fin de semana achegueime ao Laboratorio Europeo de Física de las Partículas (CERN) de Xenebra. Introducínme no acelerador de partículas para sentirme coma Michael J. Fox en Regreso al futuro, aínda que...
14 mai 2015

CASANDRA

CASANDRA
O problema dos nosos tempos é que "o futuro non é o que era», advertía Paul Valéry hai un século. Antes, o futuro era un espazo xuvenil e fresco, cheo de promesas que nos facíamos sen a sensación de mentirnos nin de rezar para que un deus menor nos librase...
9 avril 2015

DESCALZO

DESCALZO
Jorge Luis Borges lamentaba a dignidade anglófila que oprimía o seu comportamento. «Si pudiera volver a vivir comenzaría a andar descalzo a principios de la primavera», confesou por escrito. Todos deberíamos cumplirlle o desexo: lanzar os zapatos para...
7 avril 2015

PUNTO FINAL

PUNTO FINAL
Voo e revoo sobre a entrevista que Ignacio Echevarría a Rafael Sánchez Ferlosio en El Cultural . Ferlosio ten un novo libro, Campo de retamas (Penguin Random House Mondadori). Mentres voaba e revoaba sobre a relación de preguntas ben traballadas e as...
1 avril 2015

OROZCO NON SUCEDERÁ A OROZCO, PERO CASE

OROZCO NON SUCEDERÁ A OROZCO, PERO CASE
Anxo Lugilde sorprendeuse hai un par de días cando lle comentei que Orozco podería encabezar a lista máis votada en Lugo. Orozco, si; o imputado que vai quitando de enriba aos poucos, sentenza a sentenza, as sospeitas. Se non fose un señor tan aparente...
13 février 2015

CONSUELO, CARMEN E OS ESPARADRAPOS EMBOZANTES

CONSUELO, CARMEN E OS ESPARADRAPOS EMBOZANTES
O esparadramento bucolabial paréceme incómodo en xeral. Conleva unha acto depilatorio posterio doroso e avermellante da zona cutánea afectada. Se se practica con intención de protesta política ten unha intencionalidade comunicativa que, temo, perdeu a...
23 janvier 2015

OS DIARIOS DO BALONCESTO

OS DIARIOS DO BALONCESTO
Eu lanzaba unha Spalding á canastra no campo de baloncesto que había a vinte metros da miña casa. As dimensións daquela cancha eran indeterminadas: cativeiras para un campo regulamentario, pero excexivas para un de minibasket. Era setembro e era sol aínda....
20 janvier 2015

CORVOS DEBICAN SAL NA NEVE

CORVOS DEBICAN SAL NA NEVE
A neve nada ten de especial. Nada ten de especial se viviches sempre no interior do país, pero o meu país era un país de costa e en Ribadeo nunca nevaba. O meu pai levouno s un día no 124 marrón a coñecer a neve ata Os Oscos (non vou citar a García Márquez,...
19 octobre 2014

OS BARRIOS PERIFÉRICOS

OS BARRIOS PERIFÉRICOS
O Nobel e madrugada devolvéronme a Modiano.Pasaramos anos afastados. Outros libros metéronse entre nós, como cando vas pola rúa seguindo a un amigo ao que divisaches entre a multitude e non o dás alcanzado. Los bulevares periféricos é un libro de 1972...
8 octobre 2014

TRES GOLPES

TRES GOLPES
A sobremesa da cea foi un iogur, xa contra a medianoite. Sentei comelo diante do televisor mirando unha canle calquera de R, penso que National Geographic. Debía agardar media hora para darlle unha medicina a Antón, que se mancou por terceira vez consecutiva...
2 octobre 2014

UNHA BOMBA NA CIDADE DA CULTURA

UNHA BOMBA NA CIDADE DA CULTURA
Gustaríame que, por un instante fugaz, me acompañasen nunha visión. Imaxine, fantasíen moitos de vostedes, con que alguén pon unha bomba na Cidade da Cultura. Non require un grande esforzo porque hai dous días puxeron unha bomba na casa consistorial de...
28 septembre 2014

TAÍN, ESCRÍBAME CUARTO E METADE

TAÍN, ESCRÍBAME CUARTO E METADE
Hai moitos afeccionados ao futbol que son adestradores frustrados, hai adestradores que tamén o son. O xuíz Vázquez Taín fai novelas. O pintor Leopoldo Nóvoa nunca deixaba un partido do Deportivo sen acudir á casa de Luis Rodríguez Ennes. Estamos falando...
23 septembre 2014

UN SEGUNDO NA ESCURIDADE

UN SEGUNDO NA ESCURIDADE
Xusto un segundo antes de quedar durmidos preséntansenos no dormitorio os medos todos. Os adultos da segunda idade tememos espertar no corazón da escuridade tusindo con frecuencia exasperante. As persoas de máis anos mesmo temen quedar atrapadas no Gran...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité