Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
4 octobre 2011

O ACENTO GALEGO QUEDOUNOS NUN 6.8%

O ACENTO GALEGO QUEDOUNOS NUN 6.8%
O acento co que falan os vellos hoteis fascíname. Gústanme eses hoteis que ocupan mazás completas porque os reformistas de primeiros do século XX os deixaron como tarefa pendente mentres derrubaban rúas completas ata acabar por esquecelos. Eses hoteis...
Publicité
1 octobre 2011

EU NON ESTIVEN CASADO CON JORGE LUIS BORGES NIN CON FERNÁNDEZ MALLO

EU NON ESTIVEN CASADO CON JORGE LUIS BORGES NIN CON FERNÁNDEZ MALLO
Algunhas viúvas de persoeiros mundiais teñen cara de oráculo. Outras son discretas e saben que o talento non se transmite por ósmose. Se lles preguntase ás viúvas das caixas galegas, confesarían que un 7% é unha cifra que non se lles aparecía aos finados...
29 septembre 2011

CANDO BAUTISTA ÁLVAREZ ATOPOU A JACQUELINE KENNEDY

CANDO BAUTISTA ÁLVAREZ ATOPOU A JACQUELINE KENNEDY
Jacqueline citoume nun Starsbucks. Sorprendeume o seu interese en vérmonos, pero logo comprendín que se sente soa dende que John F. deixou a presidencia polos balazos de Dallas. Jackie confesoume que o seu home cesou no acoso ás rapazas porque se sente...
22 septembre 2011

ALMODÓVAR FAI UNHA VISITA "PRIVADA" A RIBADEO

ALMODÓVAR FAI UNHA VISITA "PRIVADA" A RIBADEO
Eu iría comprar o pan ou a algo. Cruceime con el. Esas bochechas, esa ollada de can abandoado nunha gasolineira, o pelo crespo. Almodóvar viña cara min na mesma beirarrúa de Ribadeo pola que me dirixía á panadería ou a algures. Eu estaba soñando, pero...
15 septembre 2011

TODA GRECIA DEIXARÁ DE RESPIRAR IMITANDO A DIÓXENES

TODA GRECIA DEIXARÁ DE RESPIRAR IMITANDO A DIÓXENES
Cada mañá embadurno as torradas cunhas capa máis fina de manteiga, como fan algunhas empresas que pavimentan estradas. Adoito almorzar un café escuro e unhas gráficas do sistema Defcon, que calcula o risco de quebra de España. Canto máis soben as liñas...
Publicité
13 septembre 2011

ALBIOL MONTA UN HOTEL NA CASA CONSISTORIAL DE BADALONA

ALBIOL MONTA UN HOTEL NA CASA CONSISTORIAL DE BADALONA
Albiol decidiu converter a casa consistorial de Badalona na fachada dun hotel na mesmísima Diada con esa proliferación de bandeiras. Eu comprendo que un partidopopular suspenda unha celebración que vai contra a súa visión do Estado, malia que sexa un...
9 septembre 2011

RAJOY É UNHA MARCA BRANCA

RAJOY É UNHA MARCA BRANCA
RAJOY ASOMA ás fotografías encollendo os ombros para non amolar con toda a fanfarria que se lle puxo detrás nas vésperas de vitoria. Asómase a unha maioría absoluta coa emoción e a vertixe de quen mira pola ventá do avión no primeiro voo. Mesmo acaba...
6 septembre 2011

BERTÍN OSBORNE CANTA POR SINATRA A REFORMA CONSTITUCIONAL

BERTÍN OSBORNE CANTA POR SINATRA A REFORMA CONSTITUCIONAL
Frank Sinatra perpetrou algo terrible en vida. Non digo contra Mia Farrow, que era problema seu amar a un señor que se adornaba con sesenta perruquíns distintos. Sinatra está pagando despois de morto algo que fixo en vida, está aboando dende o alén por...
5 septembre 2011

DE VOLTA ÁS NOSAS COCIÑAS

DE VOLTA ÁS NOSAS COCIÑAS
AS COCIÑAS que nos deseñan agora son de curto percorrido e nos forzan a andar de perfil. Pouco andamos nelas porque o microondas converteuse no aparello dos raios máxicos que igual nos requenta un café con leite que nos devolve unha tortilla precociñada,...
18 novembre 2014

O AMOR NOS BARRIOS DO CÓLERA

O AMOR NOS BARRIOS DO CÓLERA
Alain Finkielkraut desvela costumes tristes das cités francesas (en La identidad desdichada, Alianza Editorial). As cités son as barriadas nas que viven os miserables do postcolonialismo, fundamentalmente os netos do Magreb. As rapazas deben levar veo....
21 septembre 2011

BLANCO E EN BOTELLA

BLANCO E EN BOTELLA
Un amigo imitábao como se gozase dunha ósmose feliz con el. Sentaba a unha mesa cilindro do papel de cociña por micro, acobadábase e estricaba os dedos índices coma se xogase a pinchar globos soltos polo aire; erguía levemente a parte central das cellas...
29 novembre 2011

A XUNTA REGALA UN FERRINMÓBIL Á RAG

A XUNTA REGALA UN FERRINMÓBIL Á RAG
MARIANO RAJOY debería pensar en Agatha Ruiz de la Prada como directora xeral de Obras Públicas ou como lle digan. Pídollo dende aquí, metaforicamente axeonllado, porque seica este xornal forma parte do resume que lle pasan os seus colaboradores a diario....
19 octobre 2011

COLLEITA VERMELLA

COLLEITA VERMELLA
Debo andar daltónico, porque onde o tópico nos amosaba un país verde, agora vexo hai un país vermello. Obviamente, hai delincuentes que son culpables, "non é culpa da Xunta nin das brigadas", como defende o presidente. De acordo. Acontecía o mesmo cando...
18 octobre 2011

GALICIA TERMINAL

GALICIA TERMINAL
A nova terminal da Lavacolla é agora o meu fogar. Cheguei coa sensación de cando alugas un piso, que vas mirando andeis e paredes para ver onde colgas o cadro de Bordell, o lugar preferencial que lles dedicarás ao dvd de Los Soprano e o espazo para a...
10 février 2017

ORATORIO

ORATORIO
A Igrexa lucense anda en tempo de desolación, que é impropio de mudanzas, segundo San Ignacio. Vin estes días unha pancarta diante do Pazo Episcopal de Lugo contra uns cambios de sacerdotes. Non lembro a ninguén manifestándose urbi et orbe na diócese...
29 septembre 2014

RAPHAEL OU A PIANOLA DE TANYA

RAPHAEL OU A PIANOLA DE TANYA
A vangarda española parou as máquinas o pasado agosto: Raphael actuou no Festival Sonorama de Aranda del Duero, un certame concibido para o ardor do pantalón pitillo e a exaltación da gafafrauta. O convite ao cantante de Mi gran noche ten unha primeira...
11 juillet 2014

UNHAS CAIXAS DE PEIXES CON CRISTAIS

UNHAS CAIXAS DE PEIXES CON CRISTAIS
No Cantón, onde tomo auga con gas (non porque me saiba, senón por anglofilia), podo ver un, dous, camareiros vestidos de camisa branca; o seu xefe, Nemesio, reforzou o disfraz cun sombreiro e unha paxarela, e ornamentou as paredes do café con románticas...
29 mai 2014

PUIDERON

PUIDERON
Os amigos, os familiares, Helena a que me vende o pan, falan marabillados de Podemos. Eu contéstolles que cinco eurodeputados e unha ración cumprida de labia nada fan entre 736 representantes en Bruxelas. Eu advírtolles do perigo de votar a un partido...
25 janvier 2012

O EXCESO COMO ACHEGA GALEGA Á TEORÍA POLÍTICA

O EXCESO COMO ACHEGA GALEGA Á TEORÍA POLÍTICA
Aínda non podemos vestir as roupas de alivio por Fraga e xa marcha Baltar, aínda que por retiro voluntario. Ambos os dous representaban un xeito de gobernar enxebremente galego: o exceso. As quedadas de empanada baixo carpa contábanse por ducias de autobuses...
24 octobre 2011

O MOMENTO NO QUE GALICIA QUEDOU CONSERVADA EN SAL

O MOMENTO NO QUE GALICIA QUEDOU CONSERVADA EN SAL
GALICIA tivo un momento idóneo na súa Historia. Como esa tarde no que os adolescentes acertan a coordenar piercing e montura de gafas. Pegerto Saavedra, o catedrático de Historia Moderna, situoume naquel tempo próspero: o textil no interior, as ferrerías...
19 septembre 2011

ALONSO MONTERO PIDE 300.000 EUROS POLA SÚA MARELA

ALONSO MONTERO PIDE 300.000 EUROS POLA SÚA MARELA
Alonso Montero é comunista. Case que sempre. O bo dos suxeitos con ideoloxías extremas é que se toleran suspensións temporais nas súas convicións. Alonso Montero é comunista, pero cando houbo que vender o seu arquivo adoptou a apariencia de liberal, que...
28 septembre 2011

OS VIXILANTES DE SEGURIDADE TAMÉN COMPRAN BARRAS DE PAN

OS VIXILANTES DE SEGURIDADE TAMÉN COMPRAN BARRAS DE PAN
Os gardas de seguridade mercan pan. Quero dicir que son normais. Sinceramente, eu desconfiaba de que uns señores sempre dispostos a indicarche o despacho polo que preguntas cunha linguaxe de atestado de Tráfico, fosen vulgares ata o nivel de comprar o...
23 mai 2015

O ESTUPOR QUE ME AGARDA

O ESTUPOR QUE ME AGARDA
Soño novamente coa Casa do Gato, o fogar no que me criei en Ribadeo. A casa xa non existe. O ano pasado vin por internet as máquinas da sustitución pasando coas súas rodas de eiruga por riba dos escombros, esmagando a miña "mocidade amable, heroica, fabulosa,...
23 février 2015

OS LUNS AO SOL

OS LUNS AO SOL
DURANTE ANOS vivín nun edificio no que había dous xemelgos. A maiores de ser cuspidiños, compartían piso e dous Mercedes deportivos grises idénticos. Mesmo usaban a mesma praza de garaxe grazas a ese desafío tan lucense á física que consiste en meter...
6 avril 2015

ARIZONA

ARIZONA
Estaba imaxinando a conversa que manterían o home e o cativo. Algo banal, temín. Pero polo movemento das carapuchas interpretei que o señor comentaba algo sobre o deserto de Arizona como espazo de renovación espiritual. Bob Dylan recibiu en 1978 as peores...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité