Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
4 mai 2011

AGUSTÍN F. PAZ (1): "A MIÑA XERACIÓN SÉNTESE ESTAFADA POLO TEMPO QUE NOS TOCOU VIVIR"

AGUSTÍN F. PAZ (1): "A MIÑA XERACIÓN SÉNTESE ESTAFADA POLO TEMPO QUE NOS TOCOU VIVIR"
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ deume unha entrevista para El Progreso: O escritor vilalbés anda atarefado coa elaboración dun dossier que respalde a súa candidatura ao premio Andersen, o galardón internacional máis destacado de literatura infantil e xuvenil, pero...
Publicité
28 décembre 2011

BUKOWSKI BEBÍA ENTRE LIÑAS

BUKOWSKI BEBÍA ENTRE LIÑAS
O PRIMEIRO libro de Bukowski non parece Bukowski. Os escritores están condeados a escribir o mesmo libro. Ben, iso din os autores dun só libro. Cervantes soamente escribiu ‘El Quijote’. O resto é silencio. Pero quen pare un libro interesante despois desa...
19 mars 2015

EUTANASIA PARA ROBOTS

EUTANASIA PARA ROBOTS
O Museo Nacional de Tokio acolle a mostra Androide, que é humano?, na que amosa de xeito incontestable o estado de primitivismo no que estamos en relación aos robots antropoformes. A compañía europea presentou o robot Aldebaran, deseñado para vivir con...
4 janvier 2015

OITENTA HORAS

OITENTA HORAS
A materia que compón a nosa vida son os partos, as vodas, os enterros e as compras no supermercado que cumprimos entre dúas noites de Fin de Ano. A primeira noite é esa na que os pais nos prohiben saír e a segunda, esa na que ninguén nos quita da casa...
27 janvier 2015

CONFETTI

CONFETTI
ALGÚNS AMIGOS saen correr. Ignoran que a especie humana permitiuse deixar de facelo logo de atopar profesións máis honestas que disparar frechas contra animais despistados. Pero os amigos están dispostos a facerlle un feo a Darwin. Cando falo con eles...
Publicité
15 octobre 2011

A MILAGRE ECONÓMICA DE GALICIA

A MILAGRE ECONÓMICA DE GALICIA
Galicia está empezando a ser analizada polos economistas forenses, eses que nunca se enganan, como modelo para os manuais de Historia da Infamia do curso vindeiro. Se nalgo somos un país único, un cadáver a diseccionar para coñecer o know how de como...
17 septembre 2011

UN SAN FROILÁN SEN ROSENDOS, JOSELES E SABINAS

UN SAN FROILÁN SEN ROSENDOS, JOSELES E SABINAS
A miña muller había de pechar un trato cun vasco onte, polo que antecedeulle que estaba casada cun vasco. Non porque lle represente unha fachenda máis intensa, senón porque sabe que un vasco sempre confía máis noutro ca nun erdeldun. Todo o vasco ten...
25 octobre 2011

O TIRACOIOS DE ENEKO

O TIRACOIOS DE ENEKO
Hai uns mediodías vin unha vixilante de seguridade cunha barra de pan baixo o brazo. Pola idade que representaba, non viña de nacer. Daquel pensei que era unha novidosa pedagoxía policial como xeito de combater á delicuencia. Se descubres a un chourizo,...
4 septembre 2011

OS PORCOS SABEN SUMAR

OS PORCOS SABEN SUMAR
FUJIMORI mandaba entrenar ás súas forzas especiais entregando un cadeliño a cada aspirante. Pasado un ano, acariñados co cachorro, debía abrirlle o pescozo persoalmente. Disque os endurecía. Michel Houellebecq é contrario a sacrificar algúns animais....
25 octobre 2014

SAMUEL JUÁREZ FOI PREMIADO CUN OSTRACISMO MAIOR CA ÁNGEL CURRÁS

SAMUEL JUÁREZ FOI PREMIADO CUN OSTRACISMO MAIOR CA ÁNGEL CURRÁS
O delegado do Goberno español en Galicia, Samuel Juárez, foi desprazado como fomentador do comercio de produtos agrícolas na embaixada en Beixing. Non dubido sobre os seus coñecementos sobre agro, pero a súa capacidade para a xestión empresarial non consta....
21 octobre 2014

ROUBAN O VALIOSO CARNEIRO ALADO NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

ROUBAN O VALIOSO CARNEIRO ALADO NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
A serie Tintimán ten unha entrega nova: O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo. A novela comeza cando os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara...
16 octobre 2014

ESPAGUETES

ESPAGUETES
Unha noite de hai trinta anos o meu pai estaba ceando nun prato de barro. A cazola era cativa. El parecía protexela co corpo, como se dese agarimo a un gatiño recén parido. O prato marróne estaba cheo de fíos grosos, como de lá branca, adornados cun par...
6 décembre 2011

SALTAPAREDES

SALTAPAREDES
A economía está feita de emocións. Ben o sabía Restrepo, o comerciante de Ribadeo que xestionaba un bazar de numerosos produtos e unha única desorde. Nunca saías co mesmo patrimonio co que entraras. Nas tardes de decembro da infancia xuntabamonos para...
6 mars 2016

O PEN GALICIA CABALGA CARA AO CONGRESO INTERNACIONAL

O PEN GALICIA CABALGA CARA AO CONGRESO INTERNACIONAL
O MÉRCORES baixei ao Club Fluvial tras cinco días de nadar nunha aplicación do móbil. Fun andando, polo que aproveitei para escoitar O ocaso dos deuses, unha desas óperas grandilocuentes de Wagner, e ler o blog O Porto dos Escravos, de Mario Regueira....
28 mai 2020

AS TENDAS E AS POTAS. O ANXO CONDUTOR

AS TENDAS E AS POTAS. O ANXO CONDUTOR
Óscar Poy Franco e máis eu debatemos onte sobre separación de poderes. Alégame a intromisión de Marlaska na investigación sobre o peso do 8M na peste actual que estaba desenvolvendo Pérez de los Cobos para unha xuíza. Ten toda a razón. Un ministro non...
11 juin 2015

A CARTA DO REI MELCHOR A TOMAS CAVANNA

 A CARTA DO REI MELCHOR A TOMAS CAVANNA
O MEU PAI foi un home afortunado. O pico anual da súa sorte chegaba no día de Reis, cando abría o sobre coa carta que lle escribira Melchor. Tras desdobrar o papel acendíanselle os ollos. Levantaba a cabeza e lía o texto en voz alta. «...y dile a tu mujer...
14 avril 2015

A MALETA DE GÜNTER GRASS

A MALETA DE GÜNTER GRASS
Günter Grass vén de morrer.Grass foi un escritor imnenso; non soamente pola ambición maximalista que plasmou na súa obra, senón tamén no senso de que contou a Alemaña do século XX ao xeito global de Goethe. Logrou explicar cinco décadas do seu país despois...
26 décembre 2014

PASADAS AS DÚAS DA TARDE, DICÍA EL PROGRESO

PASADAS AS DÚAS DA TARDE, DICÍA EL PROGRESO
O domingo pola mañá baixei pola leve caeira na que descende a rúa Galicia, por tras da miña casa. Aparcara o coche alí na véspera, pasadas as dúas da tarde, porque a miña rúa extraditaba coches buscando un descanso no mediodía. Movín o Renault Clío para...
30 novembre 2014

UNHA BUFANDA, UNHA CAMISETA, A LÚA EMPOLEIRADA

UNHA BUFANDA, UNHA CAMISETA, A LÚA EMPOLEIRADA
O paseo de hoxe foi vespertino. Canda a miña muller e canda Antón (+8), o que dei convencido para que nos acompañase porque lle permitín levar un balón de fútbol. Paramos na Praza do Campo para mirar unha tenda de queixos espectaculares, preciosos, e...
22 octobre 2014

TOC, TOC

TOC, TOC
O Cabalo Hans era coñecido nas feiras de Alemaña de principios do século XX. A sona que o engalanaba era ser sabio. O propietario de Hans paseaba o seu cabalo polas feiras exhibindo a capacidade da besta para facer operacións aritméticas, dicir a hora,...
19 septembre 2014

CANDO MENOS O ESPERAS, RAJOY PONSE DE PARTE DA LEI

CANDO MENOS O ESPERAS, RAJOY PONSE DE PARTE DA LEI
Eu teño unha sospeita bastante sólida de que Mariano Rajoy existe. Mesmo empezo a estar canso desas teorías extravagantes que sospeitan que morreu hai un tempo, pero deixou vídeos gravados nunha manobra audaz de Arriola inspirada pola lonxevidade audiovisual...
16 septembre 2014

O VIXÍA NO CEREAL

O VIXÍA NO CEREAL
Proust aseguraba que o amor é o estado que nos fai sentir con máis intensidade o espazo e o tempo. Eu temo que o amor é un estado de aparvamento que nos sitúa flotando sobre o espazo e afastados do tempo. Ao contrario ca o autor de Á busca do tempo perdido,...
5 septembre 2014

A CONTAMINACIÓN DO JAGUAR

A CONTAMINACIÓN DO JAGUAR
Hai unha anécdota tan inconsistente coma divertida sobre unha monxa de Ribadeo que saíu unhas horas da clausura. Logo de cruzar a porta mirou pasar un ampuloso Jaguar e berrou: «Canta contaminación!» Rachar as rutinas provoca un cambio na percepción....
11 juin 2014

NORMANDÍA

NORMANDÍA
A película Casablanca deixoume dúas preguntas importantes: O café américain de Rick acabou sendo traspasado? Onde se dirixiu o avión no que montará Ingrid Bergman tras despedirse de Humphrey Bogart? Segundo lin onte, dirixíase a Lisboa. A cidade era o...
1 mai 2014

13 NEGRO

13 NEGRO
Taschen envíame a súa revista con toda a súa marabilla -e, neste número, o seu desacougo- dentro. Na capa aparece Whoopi Goldberg, a actriz negra, bañándose en leite e lembro o comentario alóxico que derrubou o presidente dos Clippers. A publicación promociona...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité