Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
26 juin 2014

CAMPO DE VERÁN

CAMPO DE VERÁN
O FRÍO NON EXISTE, aínda que nos incomode ser incapaces de convencer ao cerebro de que non estamos aterecidos. A física define a temperatura en función da cantidade de calor, polo que o frío caracterízase de xeito negativo, por ausencia. San Lorenzo debeu,...
Publicité
17 juin 2014

O BRAVÚ ESTÁ DE NOSTALXIA

O BRAVÚ ESTÁ DE NOSTALXIA
O Bravú está de nostalxia. Hai xente organizando unha revitalización, músicas novas, reencontros de camaradas, libros para contar agora -con perspectiva Nevsky- todo o que se argallou hai vinte anos. 1994-2014. E son moi amables comigo porque non me esqueceron,...
30 mai 2014

COMUNISTAS LIBERAIS

COMUNISTAS LIBERAIS
Slavoj Zizek dedica varias páxinas de Sobre a violencia (Alianza) a supurar a súa xenreira contra Bill Gates e George Soros. Eu tamén os envexo dun xeito insán. Arquívaos con retranca na categoría de comunistas liberais para reprocharlles que invistan...
7 février 2012

SCOTT FITZEGARLD DESACELERA GASTOS

SCOTT FITZEGARLD DESACELERA GASTOS
FRANCIS SCOTT Fitzgerald teimou en ser quen non era. Botou unha tempada agobiado polas dimensións do seu pene. Hemingway levouno de xira polos museos para homologalo. Como non o deu convencido, acompañouno a un baño para servirlle de modelo. Acougou,...
13 janvier 2012

UN SAÚDA A VALENTÍN GARCÍA (novo SXPL)

UN SAÚDA A VALENTÍN GARCÍA (novo SXPL)
O CEREBRO dos políticos está conformado para priorizar a opinión pública. Cando toman unha decisión moldean os seus argumentos a xeito de enquisas, sondeos e escrutinios; aínda que despois se expliquen detallando motivos ben diferentes. Feijoo houbo de...
Publicité
12 janvier 2012

DE GOBERNO NA SOMBRA A PRESIDENTE NA NÉBOA

DE GOBERNO NA SOMBRA A PRESIDENTE NA NÉBOA
Os gobernos na sombra son máquinas que teñen a expectativa por combustible. O Partido Popular empuxou suavemente a transición de ser un goberno na sombra a reservar un presidente na néboa. Rajoy representa agora o papel de "quintaesencia do misterio",...
6 janvier 2012

UNHA CHAMADA A RESERVISTAS

UNHA CHAMADA A RESERVISTAS
O calendario maia, preciso el, interrómpese contra a fin do 2012. Os Iker Jiménez que nos meten medo cando miramos o televisor en solitario, albiscan un caos de ampla magnitude. Mesmo algúns nos remiten á porta de saída da especie. Tantos milleiros de...
1 janvier 2012

UNHAS HERBAS MENOS FINAS

UNHAS HERBAS MENOS FINAS
UN PROFESOR de Dereito Civil que me deu clase incluía o tempo dedicado a pensar na xornada laboral do profesional da lei. Teño escoitado moitas veces na casa que o peor non é cociñar, senón pensar o menú. Elaborar os pratos para a propia familia nun día...
17 décembre 2011

SEI O QUE DEBO FACER

SEI O QUE DEBO FACER
Hemingway servíase todos os días unha copa de champaña para ler as esquelas. De buscar algo para celebrar no escuro tránsito, el soamente debía de atoparlle manterse vivo por riba da morte allea. Vai para un par de meses que lin a nota de despedida que...
16 décembre 2011

UN CULTURGAL MODÉLICO EN GALICIA E ASAMBLEARIO EN DURANGO

UN CULTURGAL MODÉLICO EN GALICIA E ASAMBLEARIO EN DURANGO
Eu voto e opino porque pago os meus impostos persoais e patrimoniais. Comezo con esta obviedade, que para moitos será pueril e mesmo cheirantemente norteamericana, porque moitas veces esquecemos que achegar unha parte dos soldos e das actividades económicas...
14 décembre 2011

NEGAR A NEGACIÓN NEGADA

NEGAR A NEGACIÓN NEGADA
SLAVOJ ZIZEK denuncia en El acoso de las fantasías (Siglo XXI) a retorta perversión de Stalin: non soamente prohibía criticalo, senón que prohibía que se explicitase esa prohibición. Tratábase de negar mesmo a negación para ofrecer unha ilusión de que...
13 décembre 2011

A CRISE DA OBSCENIDADE

A CRISE DA OBSCENIDADE
A crise da economía está rematando coa crise da obscenidade. Cando me informara de que Portos proxectara un peirao marítimo en Xinzo de Limia, a 150 quilómetros do Atlántico, representeime unha portentosa megaconstrución en plan canle de Panamá, con milleiros...
11 décembre 2011

O PRACER DE SOTERRAR PEIXE

O PRACER DE SOTERRAR PEIXE
NEGAR O PAN e o sal sempre foi unha ordinariez, pero aceptamos que os nosos respectados médicos, suprantando a figura materna, nolos neguen. O sal paréceme algo máxico, coma eses pós incorpóreos que os magos sempre tiran dos petos, coma se lles residise...
7 décembre 2011

CAMPO DE MARTE

CAMPO DE MARTE
A descuberta saiume ao paso nun libro sobre a Historia recente de Bermeo. Juan Jaureguizar, concelleiro nos anos 20. A tía Charo confirmoume que "sempre había un concelleiro da casa". Daquela non lle preguntei por que partido, bandeirío ou terzo. O meu...
3 décembre 2011

MEMORIA DE REXISTRADOR, MEMORIA DE PEIXE

MEMORIA DE REXISTRADOR, MEMORIA DE PEIXE
Disque Rajoy ten unha memoria elefántica de opositor a rexistros exitoso. Debería enfocala cara ao seu propio pasado e reflexionar sobre o xeito no que habilitou como demócratas ao compañeiros do seu primeiro partido, Os Sete Magníficos. Nin se lles reclamou...
1 décembre 2011

UN VOO A MARTE CON RYANAIR

UN VOO A MARTE CON RYANAIR
As estadías en Marte teñen as súas vantaxes. Encántame botar un tempiño aquí todos os anos. Nunca imaxinei tanta oferta para o lecer ata que a 'Guía turística de Marte' (Akal), de William K. Hartman, mudou a miña perspectiva. Neste planeta atópanse sorpresas...
14 novembre 2011

ONDE SE METERON OS NOVOS ESCRITORES GALEGOS?

ONDE SE METERON OS NOVOS ESCRITORES GALEGOS?
SUSO DE TORO ten morriña de si mesmo hai 25 anos. Co gallo da feliz exhumación de Polaroid (Xerais) polo seu cuarto de século recoñeceu que sinte «envexa daquel autor que o escribiu, nunca terei a graza que el tiña». A sentenza é parricidamente certa....
8 novembre 2011

OS 300 DE ARBO BATEN O COBRE

OS 300 DE ARBO BATEN O COBRE
A outra noite reparei nun corentón que camiñaba coa ollada nas puntas do zapatos polo centro envellecido de Lugo. Supuxen que o vampirizara a tristura ambiental á que nos condeou Goldman Sachs. Vin agacharse o home cara ás lastras, temín que bicaría a...
6 novembre 2011

COCIÑA DE SÁBADO E PIZZA

COCIÑA DE SÁBADO E PIZZA
OS MANDOS A DISTANCIA e os botóns das vitrocerámicas deberían traer a mesma advertencia que os medicamentos: mantéñanse fóra do alcance dos nenos. Os televisores aínda permiten bloquear certos contidos, pero ninguén che vai librar dun capítulo dobre da...
31 octobre 2011

UN ZUME DE LARANXA QUE NUNCA SUFRÍA A SOEDADE

UN ZUME DE LARANXA QUE NUNCA SUFRÍA A SOEDADE
TRUMAN CAPOTE almorzaba zume de laranxa. Tomaba varios máis ata o xantar. E tamén despois. O seu avogado, Alan Schwatrz, sabía que a laranxa ía emparellada de vodca. Non dubidaba porque se citaban diariamente. Hai que ser tan peculiar como Capote para...
29 octobre 2011

ADMINISTRACIÓN CONCURSAL

ADMINISTRACIÓN CONCURSAL
Rajoy dialogou comigo en confianza a través dun libro, como se pretendese situarse nun plano mítico, nunha dimensión elexíaca superior á miña. Ese que el mesmo nega ao presentarse como unha persoa cotiá. Como se un señor misado na Peregrina que foi paseado...
20 octobre 2011

RIHANNA CANTA NA FESTA DE DESPEDIDA DA CLASE MEDIA

RIHANNA CANTA NA FESTA DE DESPEDIDA DA CLASE MEDIA
A Festa de Despedida da Clase Media resultoume ben curiosa. Eu dérame coado na Casa Branca ata a parte máis discreta, onde está a piscina. Para aquela tarde deste verán prorrogado como o presuposto dun goberno en minoría montaran un estrado sobre o que...
16 octobre 2011

O OUTONO DESAUTORIZADO

O OUTONO DESAUTORIZADO
O OUTONO DECIDIU non presentarse á convocatoria postveraniega deste ano. Como consecuencia, colleitáronse a metade de castañas e o dobre de manteiros no San Froilán. Por este tempo, sempre había un veciño que quitaba ao portal un tambor de castañas para...
13 octobre 2011

OS BURGUESES XA NON TEMOS QUEN NOS EPATE

OS BURGUESES XA NON TEMOS QUEN NOS EPATE
OS BURGUESES somos peores de epatar cada día. Afirmo isto coa menor intención de orgullo, máis ben como síntoma dunha enfermedade moral. Aínda o falaba o domingo con Arthur Cravan, mentres el entrenaba para noquear un saco de terra. O boxeador e poeta...
11 octobre 2011

QUERO ESCACHAR ESCAPARATES PORQUE TODOS TEÑEN ALGO QUE DESEXO

QUERO ESCACHAR ESCAPARATES PORQUE TODOS TEÑEN ALGO QUE DESEXO
MAEVE BRENNAN confesaba que «se houbese un disturbio levaría un pedrolo a Madison Avenue, pecharía os ollos e tiraríao, porque a penas hai un escaparate que non conteña algo que desexo». Brennan, intuía que a sociedade prepara o crime e o delincuente...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité