Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
21 septembre 2011

ALBERTE MARIÑO PECHA (en falso) EDICIÓNS XERAIS

ALBERTE MARIÑO PECHA (en falso) EDICIÓNS XERAIS
A última vez que estiven con Manolo Bragado, por volta de oito ou nove días, falamos sobre proxectos fallidos. El estaba doente porque Educación decidira que as axudas ao sector estaban de máis, como se estivesen tratando cunha fábrica de Ferrero-Roché....
Publicité
18 septembre 2011

DE QUE ESTABA FEITA A TORTA DE CARAPUCHIÑA?

DE QUE ESTABA FEITA A TORTA DE CARAPUCHIÑA?
DE QUE ESTABA FEITA a torta coa que a nai de Carapuchiña Vermella agasallaba á avoa da cativa? É algo que me cuestiono dende neno, por curiosidade gastronómica elemental. Nunhas das versións tempranas, Perrault nos refire que a pequena leva «unha torta...
12 septembre 2011

AS BÁGOAS DE CONDOLEEZA

AS BÁGOAS DE CONDOLEEZA
Os nosos representantes públicos deben de andar con mala conciencia. Non me explico doutro xeito ese empeño en quitar a colada do cesto para amosarnos que eles tamén deixan manchas amarelas e agochan hipotecas a medio pagar no seu backstage patrimonial....
7 septembre 2011

YOLANDA CASTAÑO É MÁIS TELEXÉNICA CA PACHI VÁZQUEZ

YOLANDA CASTAÑO É MÁIS TELEXÉNICA CA PACHI VÁZQUEZ
Richard Nixon está fascinado coa Wikipedia. O ex presidente norteamericano descubriu que mesmo sabes da túa morte unhas horas antes. No meu tempo, comentou, informábaste da túa defunción polo Washington Post. Nixon falábame mentres daba a volta a unhas...
12 janvier 2015

UNS ANEIS QUE SERVEN PARA FACER VUDÚ

UNS ANEIS QUE SERVEN PARA FACER VUDÚ
MANUEL SICART leva un anel engarzado nun dedo. O motivo é unha caveira, lembro. Non sei se lembro correctamente, pero prefiro lembrar unha caveira coma aquela coa que dialogaba nun programa televisivo. Unha caveira é un indicador de estrada que dirixe...
Publicité
4 novembre 2011

UNHA FREGONA PORTUGUESA

UNHA FREGONA PORTUGUESA
PORTUGAL está medrando. Seino porque comprei unha fregona lusa no Eroski cunha pegatina no pau que salienta: ‘Cabo máis cumprido. 1,40 cm’. Traducido, que o mango é máis longo. Iso indica que o fabricante detectou que os usuarios son máis altos cos anteriores....
30 mars 2015

ASCENSOR AO CADARSO

ASCENSOR AO CADARSO
Cando xogo ao xadrez poño de fío musical, baixiño, o disco Ascenseur pour l'echafaud, que Miles Davis gravou nunha noite insonme de decembro en París mentres se reanimaba coas copas que lle ía achegando Jeanne Moureau. A tradución do título sería Ascensor...
14 octobre 2016

NON LEVAMOS PISTOLA ÁS XUNTANZAS FAMILIARES

NON LEVAMOS PISTOLA ÁS XUNTANZAS FAMILIARES
DE CANDO EN vez a miña nai reúne en Ribadeo o seus numerosos fillos e os seus contados netos ao seu redor. Gústalle La Botellería. Ela non presta atención á cociña moderna e resolutiva do restaurante —eu, si; aínda que ás veces me defrauden os seus experimentos—....
19 février 2015

A TRAXEDIA SILENCIOSA E TORPE DO REI

A TRAXEDIA SILENCIOSA E TORPE DO REI
Antón (+8) está en cadeira de rodas porque lle deron unha patada estrondosa nun partido de hai quince días. Afora (afora é Ribadeo, afora é o piso no que se acomoda o noso lecer familiar) chove con interese. Nada concreto e excitante a facer. Propoño...
9 décembre 2014

AS VENTÁS ILUMINADAS NA NOITE SON UN MISTERIO

AS VENTÁS ILUMINADAS NA NOITE SON UN MISTERIO
Ao saír do periodico, xa na noite densa, non había rapaces amándose no portalón de pedra lisa e penumbrosa do Colexio de Arquitectos, polo que, a falta de distracción, busquei a Lúa. Erguin a cabeza con ilusión, pero non a atopei sobre o edificio audazamente...
6 juin 2014

AS CHARLAS PERDIDAS

AS CHARLAS PERDIDAS
A mañá foi de asuntos pendentes. Ao cabo dei solucionados case que todos, quedándome un importante; coma se eu fose un Estado en sucesión monárquica. O ceo presentouse pesado e inclinado a derrubarse sobre os tellados mouros, e eu tiña pendente unha videoconferencia...
14 janvier 2012

RUÍDO DUNS SABRES OXIDADOS

RUÍDO DUNS SABRES OXIDADOS
DISQUE OS pobos que ignoran o pasado están condeados a repetilo. En Galicia préstanos o ‘revival’, que son décadas convidando a Los Cantores de Hispalis a ‘Luar’ como para andarmos rexeitando a morriña como bela arte. Os socialistas de Vigo deberon verse...
25 novembre 2011

MONCHO NON FALABA KINGLÓN

MONCHO NON FALABA KINGLÓN
MONCHO FALABA RARO ás veces. Ningún de nós lle prestaba atención porque todo o que tiñamos naquel Ribadeo eran 14 anos e aburrimento preméndonos nos ombros. Moncho continuaba farfullando, mentres nós tratabamos de facer peto para poder escondernos da...
2 janvier 2012

ROSALÍA TAMÉN ERA QUEER?

ROSALÍA TAMÉN ERA QUEER?
NUNCA me preocupou o que faga cada quen co corpo en prime time. Botei un trienio tratando de aclararllo a uns meus amigos e homosexuais da Compostela dos 80. Algúns leran o Burroughs de Queer —Marica (Anagrama)- e sabían que Allerton ás veces «se deixa...
4 février 2017

BALEA

BALEA
Soñei co meu tío Santiago. Atopeino pola rúa. Cando faleceu pesaba máis de cen quilos, pero no soño camiñaba lixeiro, uns milímetros sobre o pavemento. Deume un abrazo cariñoso, pero breve e urxente. Díxome que tiñamos que reunir á familia agora que el...
10 octobre 2014

MODIANO IGNORADO, MODIANO DEVORADO

MODIANO IGNORADO, MODIANO DEVORADO
Botei todo o día de hoxe sentindo unha alegría recóndita e alieníxena polo recoñecemento a unha persoa que non coñezo de nada, que nin sabe que existo nin lle ten que eu exista. Sentínme coma eses estúpidos seres abufandados que se bañan nas fontes cada...
15 février 2017

PANADEIROS ADVENTISTAS DO SÉPTIMO DÍA

PANADEIROS ADVENTISTAS DO SÉPTIMO DÍA
Aquela mañá mandáranme entrevistar na tardiña á superiora da clausura dominica de Lugo, non lembro o motivo; asomou cunha voz enclaustrada tras a opacidade do torno e presenteime e ela suspirou un berro que dicía: "¡Ah, es usted periodista! ¡No queremos...
16 juillet 2016

O SORRISO DO ASTRONAUTA

O SORRISO DO ASTRONAUTA
As noites da infancia de Agustín Fernández Paz transcorreron nunha casa de Vilalba na que se reunían os veciños para contárense historias. Os veciños falaban da vida na contorna, dos mercados e do frío invernal; pero o seu pai, que cabalgaba inesgotable...
16 mars 2015

BLA BLA BLA

BLA BLA BLA
OS GREGOS DA antiguedade chamaban bárbaros os que non falaban o seu idioma. As linguas alleas soábanlles coma moreas de sons sen orde. Bar, bar, bar; escoitaban a aqueles seres toscos. Bla, bla, bla; diríamos agora. Da onomatopea bar saíu bárbaro. Ningunha...
21 janvier 2015

A HONESTIDADE ASUSTA, IMAXINO

A HONESTIDADE ASUSTA, IMAXINO
A miña exploración de Máscaras rotas para Sebastián Nell de Alberto Ramos continuó esta mañá lendo canda principio da madrugada. Sebastian Nell, o actor protagonista, reflexiona sobre un xornalista de Cultura que "era tan profesional que se negaba a manter...
18 décembre 2014

PATXI NO CORREDOR

PATXI NO CORREDOR
NON SEI SE foi vostede ver Interestellar. É unha historia de humanos asustados porque unha praga lles devora as colleitas,porque comisca o seu futuro. Para salvarse, buscan planetas a colonizar. A película trata de humanos colocando obstáculos á barreira...
3 octobre 2014

REITERACIÓN

REITERACIÓN
A rutina na que vivimos cada día laborable, unha sucesión mecánica de actos, achéganos tranquilidade. Gústanos transitar pola xornada sen alteracións, sen imprevistos que nos desconcerten. Cada costume noso ten o seu lugar e o seu momento. Satisfácenos...
27 août 2014

UNHA FRONTEIRA DE XIZ

UNHA FRONTEIRA DE XIZ
Andrew non comprende Europa. Ignora que pode haber culturas intensas e distintas nunha distancia de trinta quilómetros. Supoño que ignora o acontecido en Fiume, onde Grabielle D'Annunzio gobernou unha república cativa, políglota e independente entre setembro...
21 août 2014

UNHA FUGAZ ESTADÍA CEGA NO PRACER ALLEO

UNHA FUGAZ ESTADÍA CEGA NO PRACER ALLEO
No paseo de regreso á casa de hoxe sentín un grilo no interior opaco dun mato. Os grilos máis fortes fregan as ás para apareárense. Sorprendeume escoitar a ese grilo porque nunca me acontecera en Lugo. Na casa da infancia, en Ribadeo, era habitual o manto...
15 août 2014

O CORAZÓN SUCIO

O CORAZÓN SUCIO
Un motorista matouse na Nacional VI a media tarde. Tiña tres anos menos ca min. As mortes de persoas máis novas estarrécenme como se a vida dun descoñecido e máis a miña debesen estar compensadas. Saín de traballar contra a medianoite. No canto de regresar...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité