Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
26 janvier 2009

UN DELIRIO

Eyré seguiu coa súa crónica sobre O Globo de Shakespeare: "Delirio. A novela é un auténtico delirio, escrito con actitude intelixente e divertida. A novela é así: intelixente e divertida (lástima do estilo) e a viaxe a Londres de Ricardo promete ser ben...
Publicité
19 janvier 2009

ENGANÁRONSE POE, ORWELL E KUBRICK?

Estamos a un ano da vindeira profecía incumprida, a de '2010: o ano no que fixemos contacto', a película baseada no libro de Arthur C. Clarck. Aínda acordo da última 'profecía' que non aconteceu. A novela '1984' non podía mudar en real nese ano porque...
19 janvier 2009

O EANP NON GUSTA DE CULTURA

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular advertiu de que non ten que ver co debate sobre "experiencias que operan no Eixo Atlántico" dentro do Congreso Internacional 'Lugares de Cultura', que se celebra esta semana en Santiago. A institucuón criticou "a...
8 janvier 2009

PROFETICEI NA MIÑA TERRA

A presentación d'O globo de Shakespeare o pasado sábado en Ribadeo foi emocionante. A Casa das Letras encheuse de xente malia a friaxe e o Barça. Farruco Graña presentoume no nome da Asociación Cultural Francisco Lanza, que promoveu o acto, algo que eu...
19 décembre 2008

O GLOBO DE SKP: "UN ESPECTÁCULO DE PAPEL"

Pedro Rielo escribe sobre a miña novela O Globo de Shakespeare en Galicia Hoxe: "Promete espectáculo nas primeiras páxinas, tirando dunha cita do Tito Andrónico e coa vertixe dun Tarantino das letras non deixa de subir a pulsión, un in crescendo que non...
Publicité
17 décembre 2008

AS CARAS DOS VAMPIROS

O responsable da mostra 'Rostros Brigantium', que está amosando os primeiros coruñeses, observa que os visitantes sorpréndese de que as caras reconstruídas sexan idénticos ás actuais. Logo eses mesmos visitantes van ao cine para mirar a película 'Crepúsculo'....
16 décembre 2008

FRANK RINLO (ELENCO DE PERSONAXES D'O GLOBO DE SKP)

Frank Rinlo é un dos secundarios d'O Globo de Shakespeare, aínda que está cheo de ser un secundario. Ex especialista de dobraxe, chega a Ribadeo doente de cancro de gorxa, cunha voz metálica, para matar ao ex presidente do goberno, a quen culpa de rematar...
8 décembre 2008

ESE FINAL TAN DESMESURADO

“Cando Shakespeare escribe as súas obras sabe que vai ter que competir con espectáculos de loitas de osos e cans, con prostitutas, con xogos de dados, coas tabernas daquela... Está competindo cunha serie de cousas que atraen ao público. Como sabe que...
8 décembre 2008

CULTURGAL, NA CORUÑA!!!

Comparándoo co do ano pasado, que me perdoen no sur Cultugal, na Coruña for ever and never e nestas datas. A organización foi impecable, a distribución ben axeitada, houbo actos decontino e pouco tempo para se aburrir, o Xabashow foi espectacular, o café...
5 décembre 2008

AS BOLACHAS D'O GLOBO DE SKP', MAÑÁ NO CULTUR.GAL

A serie especial de bolachas decoradas que a miña muller deseñou para acompañar as presentacións d'O Globo de Shakespeare acadaron máis sona ca novela. Mañá, ás 12.30 falarei delas en Palexco da Coruña dentro do Cultur.gal, aos que agradezo o convite....
4 décembre 2008

AS NOVELAS, OS CORENTA

Gonzalo Moure acorda no seu blog da orixe de A porta de Mayo . Daquela el e máis Tina Blanco convidáronme a participar na novela. Eles foron moi xenerosos e eu tiven a sensatez de non participar porque tiña 27 anos e moito que aprender de literatura....
23 novembre 2008

SEÑORA QUICKLY (ELENCO DE PERSONAXES DE 'O GLOBO DE SKP' III)

En realidade, chámase Celia Mandiás e é ama de chaves. Rexe a vida do pazo no que está ambientado 'O globo de Shakespeare'. Entrou na casa sendo unha rapariga e no que leva máis de medio século. A xenerosidade vai canda ela, pero é quen de ser cruel se...
21 novembre 2008

O CABLE UMBILICAL

Sorprendinme na mañanciña de onte facendo algo horrible. Camiñaba coa bata que me abriga o pixama despregada ao vento e desexei un «bo día» aos fillos cun xesto ampuloso e fanfurriñeiro. Logo reparei en que, inconscientemente, imitaba a Tony Soprano....
20 novembre 2008

ROSALÍA (ELENCO DE PERSONAXES DO GLOBO DE SKP II)

Rosalía é un dos secundarios da miña nova novela O Globo de Shakespeare. Estivo casada con Ricardo pero non deu aturado vivir no seu pazo nin a súa familia. Divorciáronse, mais ela segue sendo a Terra sobre a que xira o satélite de Ricardo. De nova, ficara...
18 novembre 2008

BARNES CUALIFICA DE MENTIREIROS AOS FUMADORES

Julian Barnes publica un divertido diálogo de sobremesa sobre Obama, os autobuses artellados e o tabaco. Afirma que os fumadores son mentireiros: "Mentes aos pais cando empezas a fumar. Mentes a respecto da cantidade que fumas: ou aumentas ou diminúes...
2 octobre 2008

UN DOS MELLORES CARTEIS DE JAZZ, EN LUGO

O Festival Internacional de Jazz de Lugo contará na edición deste ano con Lee Konitz, Randy Brecker, Dave Weckl e un recunqueiro Mike Stern. Quero dicir, que os de Escobijazz prepararon un dos mellores carteis de todos os tempos. O Círculo das Artes,...
30 septembre 2008

VILAR INDAGARÁ NA COMUNA DE NEGUEIRA

Ignacio Vilar baseará a súa nova película, 'Vilamor', na comuna hippie que se creou a finais dos anos 70 en Negueira de Muñiz. O guión, no que anda traballando, comeza co regreso dun home a Foxo, o lugar no que viviu cando rapaz. Foxo, bastante transformado,...
29 septembre 2008

PARAR DE CORRER, CESAR DE ESCRIBIR

Un amigo repróchame que practique deportes aburridos: nado medio quilómetro diario, fago uns seis quilómetros en bicicleta ou corro dous quilómetros. As miñas cifras son bastante ridículas comparadas coas que achega Murakami no seu último ensaio: corre...
24 septembre 2008

XABIER DOCAMPO, ALCALDE DE TRINTA CIDADES

Xabier Docampo inventou trinta cidades e reinos para ‘O libro das viaxes imaxinarias’. Os lectores coñeceranos grazas a dous cadernos dun viaxeiro «de fins do século XVIII e primeiros do XIX». Partindo dos cadernos do viaxeiro, Docampo describe marabillas...
15 septembre 2008

CALVEIRO, PREMIO BARCO DE VAPOR

O Calvo non para de gañar premios, e eu que me alegro inmenso (que din os portugueses). Intertextualizo: Marcos Sánchez Calveiro (Villagarcía de Arousa, 1968) fíxose hoxe coa vixésimo cuarta edición do Premio O Barco, dotado con 10.000 euros, coa novela...
10 septembre 2008

DOUS TIGRES BRANCOS NO BOOKER PRIZE

Dous novelistas debutantes figuran entre os seis finalistas ao premio de ficción en lingua inglesa Man Booker, o máis prestixioso do Reino Unido. O hindú Aravind Adiga, candidato pola súa novela The white tiger, e o australiano Steve Toltz, por A Fraction...
18 août 2008

AFTER THE VRAO

O mâitre do cabaret marchou coma sempre, sen avisar. Agora volve avisando: estou de volta, distinguida e vagarosa clientela. Na caixa de correo á que me chegan as sorpresas atopo Tras do solpor. O malo é que o tempo de lectura váiseme congostrando porque...
10 juillet 2008

A NOGUEIRA DE IRIA FLAVIA

Anunciaron a xuntanza coma se fose ser importante. A poucos coñecía eu e botei en falla escritores galegos, xa que o encontro se celebraba no país. Confío en que as conclusións non sexan un indicador da altura do debate. Tras días reunidos analizando...
27 juin 2008

LEMBRADO DENTRO DE CINCUENTA ANOS

"Podo asegurarlle que non me tomo con seriedade suficiente como para pensar que estou escribindo fición literaria nin nada que vaia ser lembrado dentro de cincuenta anos. Non vou estar aquí dentro de cincuenta anos; tanto me ten se me lembran ou non....
27 juin 2008

A LÚA DE SENEGALICIA

Agustín Fernández Paz, o merecente do Nacional de Literatura 2009, empezará estes días a redactar dous proxectos. 'A Lúa do Senegal' estará protagonizado por unha inmigrante senegalesa nunha grande cidade. Escribe cartas á Lúa porque é o único que a urbe...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 801
Publicité