Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 août 2010

AMEIXEIRAS: "CONFÍO NO SENTIDO DO HUMOR DOS DIRIXENTES NACIONALISTAS"

A perda da presenza en San Caetano tras as eleccións do 2009 supuxo unha convulsión no Bloque Nacionalista Galego. O sangue non chegou ao río, pero Diego Ameixeiras decidiu levalo pola súa conta para escribir Asasinato no Consello Nacional, a novela coa que Xerais agarda en setembro unha recepción proporcional ao ascenso do que goza o autor ourensán.A acción comeza nun tras unha xuntanza da cúpula frontista na que a executiva presentou a súa dimisión. Ao remate da reunión, o candidato da UPG a voceiro do Bloque vai subir no coche e sorpréndese de que se lle achegue un encarapuchado que lle dispara tres balas contra a cabeza. O crime provoca que se inicie unha investigación oficial e, paralelamente, outra máis discreta que os nacionalistas encargan a Alberto Cudeiro. Diego Ameixeira proclama que Asesinato no Consello Nacional é unha homenaxe patente de 264 páxinas a Asesinato en el Comité Central, a novela imprescindible de Manuel Vázquez Montalbán. «El escribiu ese libro nun momento de moitos problemas no PCE, atreveuse a sacar á luz o mundo interior do partido comunista e pareceume que a tesitura na que estaba o Bloque tras as eleccións do 1-M eran semellantes», argumenta. O escritor engade que «chamoume a convivencia de distintas correntes: dende a UPG, que simboliza o máis ortodoxo, a Máis Galiza, que son máis pragmáticos, pasando polo irmandiños de Beiras, na liña do altermundismo». O autor confesa que «é curioso saber como funciona ese mundo», ao que el se achegou «a través da prensa e xente que me daba as súas teorías sobre o BNG», que son do máis diverso. A derrota do ano pasado tivo como consecuencia «que saísen á luz vellos rancores», que foron vehiculizados «nuns foros de internet divertidísimos pola sinceridade coa se fala neles e que se agradece para construír personaxes». Con todo, eses comentarios foron un complemento «porque hai personalidades, como a de Beiras, Quintana ou Paco Rodríguez, que son moi literarias». Dese triunvirato, recoñece que escolle o primeiro, «porque podes estar de acordo ou non con el,pero non pasa desapercibido: poslle un micro diante e dáche cen mil titulares». Estes políticos figuran na obra con alcume «porque é obvio que van ser identificados» e Ameixeiras percibe moi delicado poñerse «nas súas cabezas dando nomes reais». A fin de evitar malentendidos, advirte de que, no dramatis personae de Asasinato no Consello Nacional «hai composicións a partir de persoas reais, de conxecturas que se barallan nos debates de internet e tamén arquetipos da UPG e do quintanismo». Diego Ameixeiras amósase «soprendido de estar falando dun libro cando aínda non saíu», como se nunca pensase na posibilidade de que a súa fición teña un eco de incomodidade no Bloque. «Confío no seu sentido do humor e no seu sentidos de autocrítica, confío en que se vexa como sátira política; non creo que ninguén se poida sentir ofendido», entoa a xeito de penitencia inocente. A seguir, intenta despregar a complexidade da obra, protestando de que «non fala exclusivamente do BNG, hai tamén unha trama que vén da Guerra Civil e hai unha evolución do personaxe». «Non fixen un ensaio nin unha historia do Bloque», subliña. Esa teima en abrir o abano temático da súa novela non impide que acepte que creou un detective novo, Alberte Cupeiro, porque o seu investigador de cabeceira, Horacio Dopico, «é demasiado bruto» e Ameixeira pretendía «un punto de vista máis pausado das leas no BNG». Cupeiro ten a súa atención vital posta no pensamento oriental, mesmo é taoísta, polo que «as loitas internas no Bloque parécenlle pequenas miserias, a el dálle igual se mandan os da UPG ou os quintanistas, quere resolver o crime e facturar». Ese escepticismo non agocha que o detectiva teña, tamén, un pasado político que lle resulta conflitivo «e que ten que ver coa Guerra Civil», un episodio do que arrastra «outra trama que debe solventar». O novelista ourensán elabora as súas ficións entre as marxes do xénero negro, «polo que tamén hai dúas personaxes coas que formará un triángulo amoroso».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité