Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 décembre 2010

ROBINHOODISMO CONTRA ALEJANDRO SANZ

Os chineses adoitan crear cousas con autoridade, como a pólvora ou o papel. Abondaba con mirar a xente de idades diversas no día poslotería. Os invocadores da fortuna contrastaban os décimos no papel dos xornais. Volvían comprobar o comprobado en internet, pero a autoridade da pasta de papel está moi por riba da que ten o sistema binario. Os visionarios botaron todo este 2010 advertindo de que aos libros en papel lles quedaban cinco anos e de que todos leríamos as nosas novelas favoritas en pantallas. E remata o ano, coas súas vendas de Nadal, e os libros electrónicos continúan onde estaban: nos almacéns. Alégase que o prezo é o mesmo que en papel, alégase que a crise deita toda intención de mercar dispositivos. Os adiantados aos tempos teñen o problema de que non van cos tempos. Por iso se enganan tantas veces. O primeiro atranco do e-book para desenvolverse é que esa xeira correspóndelles aos editores, que xestionan o mercado libreiro. Ningún deles vai ser tan parvo como para gastar tempo e cartos en poñer textos de valor en mans dos piratas. Os bookaneiros alegan o dereito a dispor do esforzo alleo cos cínicos argumentos de que teñen dereito á cultura e de que cambiou o modelo de negocio. Os creadores tamén teñen dereito á vivenda e non por iso se meten nas casas dos descargadores. O negocio mudou, por iso precisamos normas novas. O seu argumentario sobre a transformación do modelo baséase en que poden apropiarse de bens alleos; un delito con milenios de antigüidade. A súa segunda apoiatura é un robinhoodismo do máis falso consistente en insultar a Alejandro Sanz por ser millonario e defender a súa obra.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 437
Publicité