Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 janvier 2011

ALFREDO CONDE: "[JAUREGUIZAR] É UN PROSTITUTO DE MALA NAI INTELECTUAL"

Alfredo Conde prosigue o 'relato dun náufrago', no artigo 'Travestidos da pluma', en El Correo. Como non vende un 'hueso de santo', volve sobre unha entrevista que lle fixen por unha iniciativa misioneira (certo que allea a min) de rescatalo do burato negro no que se meteu co seu actuar zigzagueante. As súas palabras foron as que foron, como el mesmo recoñeceu; ainda, que, descuberto o rebumbio que o devolveu á vida, intenta ampliar os seus efectos para facer platós. Reproduzo o artigo como bo reflexo dunha conduta que lle leva a acusarme de falsear as súas palabras:

[ALGÚNS, algo requintados de léxico, diríanlles subproductos de partos distócicos; outros, menos afeitos ás complicacións estilísticas chamaríanlle directamente mal nacidos, así, sen máis; pero de certo que non haberían faltar os que os incluisen, de coce e fouce, na nómina dos fillos de puta, non tan abondante como se pretende; menos mal, se non estaríamos aviados.

En realidade trátase duns a xeito de transvestidos de cabareteiras, afeitos a ofrecer os seus servicios mentres surrín coma poden por embaixo das súas boquiñas, pintadas en bermellón rechamante, e coma se, dignos fillos das súas nais, ofrecesen deleites insospeitados. Mentres tal fan, mentres afalagan ó pipiolo co seu sorriso falso, propio de beatas dunha confraría laica, estes fillos de puta afeitos a non pagar a cama, a non desfrutar nela en compañía, pracer que obterán logo, chegado o intre da senlleira práctica onanista, afían non os dentes pero si os dedos cos que deseguido han furtarlle ó incauto todo canto nel aprecien e pra si mesmos quixeran: a vaidade de poder ser quen non son, e que nunca probablemente cheguen ser, a forza de practicar tales artes. Pero xusto aí é onde eles empezan a divertirse. Isa e non outra é a súa desgracia e non outro o servidume que os tolle. Hai algunha xente así, ciscada nalgúns xornais do país. ¿Cómo adoitan actuar?

Un día é unha chamada perdida, realizada por persoa interposta, outro un SMS, por fin unha da propia hetaira confirmando as intencións que a precederon. Nese instante, dun xeito que se diría ameno empezan as preguntas. O moi fillo de puta exerce de entrevistador. As súas son prácticamente as mesmas preguntas que che formularon outros e así va-las respondendo de xeito aproximadamente semellante, cando nón igualiño de todo. Axiña, o motivo aparente da entrevista vai mudando. A puta non te requireu pra que respondeses coma ti quixeras senón como ela quere escoitar. É o malo da prostitución. No seu exercicio e aproveitamento tan só disfruta un, nunca o fan os dous. Pra que iso se dea, pra que o goce sexa mutuo, ten que haber ou unha grande profisionalidade, o que non adoita ser o caso, ou unha cordialidade que sendo posible nas putas nunca o é nos fillos de puta. Rematado o acto o prostituto fillo de mala nai intelectual retírase co seu botín disposto a esmiuzalo. A se refozilar co seu onanismo. Extracta frases, descontextualizaas, reformula as preguntas dun xeito que se diría inexacto e acaba aproveitando o ácido sabor dos arrotos no seu blog, explicando no que consisteu a súa diversión, mintindo como a puta que é. Vélense destas infectas e literarias espiroquetas pálidas. Non se lles ocorra entronizalas citándoas polos seus nomes. Abonda con que saiban que outro obxecto das súas artes as descobreu e non culpen ós pais destes pimpollos. É millor pensar que os que son coma este co que eu acabo de bater veñen aprendidos de orixe a causa dun distócico parto intelectual que así os tolleu, é de temer que de por vida. Pero non hai que lles facer, é así como disfrutan. Ignórenos. Hailles doer ben máis.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité