Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 janvier 2011

O CAN NON FAI NADA

O ÚNICO CADELO que sento como próximo é o dos Baskerville, o xenial xogo de verdade e mentira de Arthur Conan Doyle que publicou Galaxia neste país. O resto desa especie teima en amolarme. Non para de uliscarme como se fose unha maleta cargada de cocaína no aeroporto de Fráncfort, non deixa de ladrarme como se fose un asaltante noturno e inesperado, non cesa de cagar nos lugares de paso e de erguer a pata nas paredes prohibidas para que o cheiro a xofre me irrite os pulmóns. Ben sei que os cans non fan nada. Sempre mo advirten os propietarios dos cadelos alleros no canto de botarlles a lazada. Serán son mansos, pero non deixan de ser alleos e posuír caíños afiados; por tanto, é mellor desconfiar deles. A pesar do meu desinterese pola especie, boteime a ler Mi perra Tulip (Anagrama) de Ackerey conseguiu guiarme ao seu mundo coa súa prosa amena e fluída. Cando acordei, lera todo un capítulo que comeza co divertido apuntamento sobre o diario no que o xeneral Bernard, colaborador de Napoleón na decadencia de Santa Helena que o 12 de abril de 1821 «o Emperador fixo unha deposición xenerosa e ben formada». Mesmo horroriceime tras descubirme sorrindo coa descripción amable que o escritor nos ofrece sobre «a posición de trípode» que adoptaba a súa cadela para defecar. Ackerey escribía sobre cans, que me resultan antipáticos, e de excrementos, que me provocan noxo, pero unha crónica ben contada faise perdoar todo. O máis terrorífico que dou concibido é un cadelo de tres cabezas, pero Dante amosou unha imaxinación tan grotesca situando un animal desa traza a gardar da porta do Inferno que me docificou a visión.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
pois non sabía da existencia de cousa tan chula!! Acaba de aledarme unha tarde de enxurrada laboral
Répondre
K
Viu xa o filme de animación baseado nesa obra? Moi recomendábel! http://en.wikipedia.org/wiki/My_Dog_Tulip
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité