Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 janvier 2011

PAXAROS (a cuestión De la Iglesia)

O SEÑOR QUE vin onte no parque de Lugo sorprendeume. O seu traxe negro non disimulaba o corpachón. Estaba de pé, de costas a min, rodeado dunha gavela de corvos aos que ía botando grans de millo. Por detrás pareceume coñecido, polo que rodeeino. Si, era el. Alfred Hitchcock contoume que estaba de visita na cidade. Sen deixarme preguntarlle por algún filme seu, lanzouse a preguntarme polo da Lei Sinde e manifestoume a súa preocupación polo futuro das grandes producións, como as que realizaba el. Eu, que apenas daba falado pola impresión, comenteille que a normativa que regulaba o sector en España fora redactada hai trinta anos, cando mirabamos Blade runner en vídeo. Alfred asentiu mentres deitaba mansamente tres grans máis aos corvos. «Álex de la Iglesia, non estaba antonte da banda dos creadores e onte da banda dos descargadores? Anda escaso de personalidade, ou?» Non souben retrucarlle. Boteime a andar de costas e desaparecín sen inmutalo. Que podía argumentar? Xustifico que unha persoa cambie de percepción, pero non que cambie cada vez que se reúne con alguén. Máis cando non lle pagan por xuzgar, senón por defender a unha das partes. De la Iglesia marchou da Academia de Cine confuso coma quedan os paxaros ao mudar o vento.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité