Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 mai 2011

O GRAN GATSBY EN LUGO

A HISTORIA QUE lin onte confundiume tanto que comprobei que estaba lendo un xornal e non O gran Gatsby. Hai anos mirei a película na que Robert Redford ascende socialmente coma multimillonario e deume preguiza meterme no relato orixinal de Fitzgerald. A trama que contaba o periódico seguía o guión da novela: Gatsby chega ao cumio público erguendo especulacións sobre a súa fortuna. Hai quen di que xuntou tantos cartos vendendo alcool durante a Lei Seca, outros opinan que o caudal inmenso de diñeiro xa lle viña da casa por ser sobriño de Guillerme II de Prusia ou mesmo atrevidos que sitúan o manancial da súa riqueza en ter exercido coma espía na Primeira Guerra Mundial. Scott Fitzgerald fala de nós, do que nos gusta presumir do éxito das nosas pequenas e miserables trampas, e do que nos amolan as grandes e ruíns trampas que logran facer outros para superarnos. «Era sabido», aburrinme de escoitar onte en Lugo. O gran Jay Gatsby vai estrando o seu camiño de ostentación obscena. Un atropelo accidental prende a mecha da demolición do seu templo. O primeiro que se baleira cando acontece algo así son as contas; logo van os amigos, que corren asustados. Estes últimos esvaécense tan rápido coma un investimento de Lehman Brothers.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité