Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 mai 2014

PUIDERON

podemos

Os amigos, os familiares, Helena a que me vende o pan, falan marabillados de Podemos. Eu contéstolles que cinco eurodeputados e unha ración cumprida de labia nada fan entre 736 representantes en Bruxelas. Eu advírtolles do perigo de votar a un partido unipersoal sen saber, para ben ou para mal, que fondo de armario ten. Eu indícolles que Pablo Iglesias non debería marchar a Europa porque, sen aparecer en LaSexta, acabará difuminado. Eu dígolles que Pablo Iglesias pide a Lúa e que fai ben porque as inmobiliarias andan en liquidación de existencias, pero gobernar consiste en algo máis sólido ca un discurso resoante e que apela ás emocións no canto de apelar ás solucións cribles. Eu asegúrolles que acabará, como di Slavoj Zizek en Sobre la violencia (Alianza), que acabou o Maio do 68 para os progresistas. "Que novo pulo deron á vida económica e social logo de que se esvaecesen as ilusións políticas!" Pero temo que non queren escoitar, temen que lles rache a ilusión.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité