Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

Publicité
15 août 2014

O CORAZÓN SUCIO

O CORAZÓN SUCIO
Un motorista matouse na Nacional VI a media tarde. Tiña tres anos menos ca min. As mortes de persoas máis novas estarrécenme como se a vida dun descoñecido e máis a miña debesen estar compensadas. Saín de traballar contra a medianoite. No canto de regresar...
Publicité
14 août 2014

CUMPRIR ANOS COS PÉS FRÍOS

CUMPRIR ANOS COS PÉS FRÍOS
Acordei coma cada mañá: ás sete e media e deitado sobre o costado esquerdo. Nesa postura quedo durmido e nesa postura esperto. Nada cambia en min durante a noite, de quitados os pés fríos. Cando entro na cama teño os pés fríos. En Todos los hombres del...
13 août 2014

FUMAR E FACER A CAMA

FUMAR E FACER A CAMA
O meu pai decidiu nun momento da miña vida que era maior abondo para fumar e facer a cama. Non son quen de concretar a miña idade daquela -catorce, quince-, pero si de saber que o meu aita razoaba que, se fumaba, prefería sabelo e non que me afumase os...
12 août 2014

O SILENCIO ENTRE CALADA E CALADA

O SILENCIO ENTRE CALADA E CALADA
José Antonio ten unha virtude rara entre fumadores: sabe escoitar entre calada e calada. Tamén ten outras cousas boas, ser un dos meus mellores amigos, que son unha especie en extinción, e conducir un BMW vermello dos anos 80, o único coche que me interesa....
8 août 2014

A BATALLA DO LIXO EN LUGO: 59 DÍAS SITIADOS

A BATALLA DO LIXO EN LUGO: 59 DÍAS SITIADOS
Esta mañá volvín correr. Juan Tallón montou esa frase fonda e brillante de que "as obsesións non se improvisan". Eu levo uns meses obsesionado coa miña tensión. Lugo sigue cheirando coma a Venecia de Thomas Mann, polo que baixei en coche ata uns dos logros...
Publicité
6 août 2014

KADDISH AO SOL

KADDISH AO SOL
Un sol de megaconstrución pesaba sobre a terraza do Costa Verde. O espazo de mesas e cadeiras de trinta metros cadrados era o único ámbito humanizado en Ribadeo na tarde agostosa de onte. Eramos unhas vinte persoas repartidas en grupos de catro, de dos...
1 août 2014

UNHA ALQUIMIA PARTICULAR

UNHA ALQUIMIA PARTICULAR
Nicholas Payton estaba cheo de felicidade e escaso de público. Non máis de trescentas persoas fomos escoitalo no festival de jazz de Ribadeo. Imaxino que dividía por cinco ou por dez os escoitantes aos que está afeito. Tocara en Donosti nesas datas. Eu...
25 juillet 2014

OS SIMULACROS PARA CANDO CELEBREMOS O DÍA DA PATRIA

OS SIMULACROS PARA CANDO CELEBREMOS O DÍA DA PATRIA
A pantalla do meu portátil é cativa, aínda que ben entran 17 heroes. Posan nunha foto do Seminario de Estudos Galegos que é unha pre-foto. Os persoeiros que aparecen figuran nun estadio anterior a, nun antes de. Hai catro rostros que me chaman: Risco,...
23 juillet 2014

OS ESTRANOS VASOS LONGOS

OS ESTRANOS VASOS LONGOS
Jazz entre amigos era un programa de Televisión Española que non me perdía. Nada sabía de jazz con trece, catorce anos. Nada me interesaba o jazz. Transistaba entre a banda sonora de Grease (unha soberbia revisión do rock clásico por parte dos Bee Gees)...
22 juillet 2014

ORIENTE MEDIO ARREDOR DE NÓS

ORIENTE MEDIO ARREDOR DE NÓS
Tiven unha breve estadía en Israel e Palestina hai 25 anos. O pouco que escribín sobre o conflito de ambos os países fíxeno baseándome neses once días percorréndoos de xeito estenso e fugaz. O ton dos textos todos foi naturalista, non político. Hai un...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 804
Publicité