Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
16 août 2013

A MULLER MÁIS RICA DE ESPAÑA

A MULLER MÁIS RICA DE ESPAÑA
O salón estaba cheo de mobles barrocos e periodistas. Os mobles barrocos sempre os compran as persoas que subiron estratos sociais por identificaren as molduras e os dourados con riqueza. Son as curvas que superaron e os brillos que seguiron no camiño...
Publicité
14 août 2013

A VIDA EN ROSA

 A VIDA EN ROSA
A foto non a vou publicar. Primeiro porque provoca carraxe. Segundo porque é en cor e o arco da vella nunca brilla neste cabaret. Un rapaciño contraincrepa, por indicación de Nuevas Generaciones, a un preferentista que increpa a Cospedal á entrada do...
9 août 2013

MORRIÑA DE FLANDRES

MORRIÑA DE FLANDRES
Erri di Luca fala de periodos históricos de aceleración, nos que a Historia parece desenvolver máis aconteceres do seu ritmo habitual. Calquera que non coñecese o devalar de España nos séculos, podería determinar que vive unha aceleración. Porén, a naturaleza...
8 août 2013

OUTRO PAÍS

OUTRO PAÍS
Unha tenda de comestibles romaneses abriu en Ribadeo. Esta tarde estaba comentando no xornal o trasvase dende o meu entusiasmo por probar comida orixinal do país á decepción pola gama de produtos que atopei, na maioría envasados cunha presenza pouco apetecible....
7 août 2013

O ACENTO DE DEUS

O ACENTO DE DEUS
Nun debate televisivo nas primarias ao Partido Republicano no 2012, a candidata Michele Bachmann afirmou que se presentaba por petición directa de Deus. A moderadora preguntoulle se prefiría a Elvis ou a Johnny Cash, no canto de retrucar se Deus lle explicara...
Publicité
4 août 2013

PERDIDO ENTRE O TEU DEUS E OS TEUS PAIS

PERDIDO ENTRE O TEU DEUS E OS TEUS PAIS
Norman Mailer sitúa a presidencia dun goberno "nalgún lugar perdido entre o teu deus e os teus pais". O escritor debeu ocuparse de Richard Nixon, pero institiva e velozmente, virou o interese cara á súa muller, Pat Nixon. Mailer sabía onde enfocar e dedicoulle...
3 août 2013

NACHO É GUAPO DE SEMPRE

NACHO É GUAPO DE SEMPRE
Eu camiñaba sobre a area das Illas cando vin achergarse un home lanzal facendo esas parvadas que facemos sen arroibarnos a partires dos 45: erguía unha perna recta para tocala coa punta dos dedos da man contraria e repetía o movemento coa perna esquerda....
31 juillet 2013

CENTOLAS FERVENDO NO RUEDO

CENTOLAS FERVENDO NO RUEDO
A derradeira crueldad avalada por un profesional a respecto dos padecemento dos touros de lidia é que, na parte na que lles furan cos pinchos e as espadas, apenas teñen terminacións nerviosas. Este argumento supón un avance a respecto da anterior que...
30 juillet 2013

SOMOS SERES HISTÓRICOS

SOMOS SERES HISTÓRICOS
Xabier Cordal deixou unha desas pingas reflexivas coas que me abraia. Anxo Quintela recuperaba unha entrevista que lle fixera o ano pasado para Diario Cultural. "Somos seres históricos", apuntou Cordal nun intre que pasou coma un peón na Rúa da Raíña...
6 juillet 2013

O PRESTIXIO DA OSA MAIOR

O PRESTIXIO DA OSA MAIOR
O planetario permitiume reencontrarme cunha amiga de vello. A Casa das Ciencias da Coruña reina no parque de Santa Margarida, un espazo vintage da miña infancia. Dentro, no máis alto do edificio, unha planetarista foi presentándonos Unha noite de verán....
5 juillet 2013

OS PAPEIS DE BÁRCENAS, DE RERUM NATURA

OS PAPEIS DE BÁRCENAS, DE RERUM NATURA
O azar axudou tamén na eclosión do Renacemento. Stephen Greeenblat conta en El giro (Crítica) a viaxe que inicia o italiano Poggio Bracciolini en 1147 cara a Alemaña procurando textos do clasicismo grecolatino. O desprazamento ten a intencionalidade toda....
4 juillet 2013

O GATO MEDORENTO DE CHEJOV

O GATO MEDORENTO DE CHEJOV
A compra de produtos e o uso de servizos ocupou o espazo da caza na ansiedade do home moderno e urbano. En Galicia vencimos o resquemor católico respecto ao comercio mesmo nesa nova formulación esquerdista que se opón a mercar. Con todo, a pesar de estarmos...
1 juillet 2013

SIMONÍA AO SOL DO VERÁN

SIMONÍA AO SOL DO VERÁN
Son un quinteto de homes pasados dos sesenta, e vestidos con indolencia e necesidade. Están sentados ao insistente sol da tarde nun curruncho da Praza de Pontevedra que fica na Coruña. Todo o que parece unilos son a carencia e un cartón seco de Don Simón....
29 juin 2013

A MESA DO EXILIO

A MESA DO EXILIO
Xosé Lois García e máis eu sentamos nunha mesa do Cantón o pasado venres. Alguén debeu de tomar o nome por chinés e renomouna Praza de España, unha demoninación franquista reparada coa castelanísima de Praza Maior. Ben, estaba sentado nunha terraza do...
26 juin 2013

CATORCE: 1 E 4

CATORCE: 1 E 4
Algo insondable debeu de acontecer na formación de toda unha xeración de notarios e técnicos de Facenda españois para que se enganen na escrita dun 14. 1 e 4, nostalxia dos Cadernos Rubio. Cristóbal Montoro exhortanos a non desconfiar, amosándonos en...
25 juin 2013

A PONTEVEDRA LE QUEDA MUY BIEN EL SOL

A PONTEVEDRA LE QUEDA MUY BIEN EL SOL
Belén López asina unha entrevista ben nutrida de interese con Carlos Oroza no Diario de Pontevedra. O poeta de Viveiro vive en Vigo namorado de Pontevedra. Os azares determinan que residamos nun lugar ou noutro, pero Oroza singulariza o seu azar acentuándolle...
24 juin 2013

DON JULIO E DON JOSÉ LUIS

DON JULIO E DON JOSÉ LUIS
A ignorancia manifestada por Julio Gayoso e José Luis Méndez a respecto do negocio que xestionaban paréceme asumible. Eles aparentan un descoñecemento da mecánica das preferentes equiparable á dos clientes que as asinaron para evitarse o perxuicio da...
22 juin 2013

OS MATICES DAS VARAS

OS MATICES DAS VARAS
Cada preferentista desenvolve un xeito de verbalizar a súa desgraza financieira. De contala tantas veces, fanche un resumo asombrosamente estruturado e rozado de matices. O curioso é que lles bloquearon os cartos nun cubil financieiro por ignorar as complexidades...
21 juin 2013

A LONGA NOVELA DA VIDA ALLEA

A LONGA NOVELA DA VIDA ALLEA
Os que escribimos novelas sabemos que o número de exemplares vendidos é proporcional á cantidade de persoas reais que figuren no texto. Canto máis datos identificativos achegues, maior será o éxito. Afonso Eiré, un chantadino sobrado de intuición para...
20 juin 2013

AEROPORTO 77

AEROPORTO 77
Os media coruñeses aburren situando tras o personalismo de Abel Caballero a súa defensa do aeroporto de Vigo. Habelo hai. E tamén folla de cálculo electoral. A manifestación debería tela convocado o PSOE, non o Concello. Pero tamén hai que aceptarle unha...
19 juin 2013

O CORRECTO SOCIO ALEMÁN

O CORRECTO SOCIO ALEMÁN
Alberto Grandío ten un costume imitable: ler autores dos países que visita. A súa descuberta en Bulgaria foi Angel Wagenstein. Unha descuberta dobre. Lejos de Toledo (Libros del Asteroide) de Wagenstein remite ao seu país, pero escribiu outro sobre un...
18 juin 2013

A NOVELA DE BORGES

A NOVELA DE BORGES
A novela na que estou traballando sumaba ao pé de 250 páxinas no primeiro borrador. Agora non dá para 100. Aínda hei recurtar as reflexións que lle sobran, todas as que non achegan explicacións aos personaxes nin ás tramas. Marc Weingarten recolle en...
17 juin 2013

A FIESTRA VALDEIRA

 A FIESTRA VALDEIRA
Galicia ten dous grandes eixos culturais: O Camiño de Santiago, que avanza de leste a oeste -itinerario da Historia, a crenza e a tradición-, e o Eixo Atlántico, que transcorre de norte a sur, de A Coruña a Vigo -liña da modernidade-. O punto de cruce...
16 juin 2013

O WESTERN DE RAMALA

O WESTERN DE RAMALA
O Centro Dramático Galego concibe a montaxe de Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño coma un western. Tira da paixón do dramaturgo compostelán polos grandes: Ford, Arthur Penn, Houston, Zinnemann,. .. para enmarcar a obra coma un exemplo desa ética...
15 juin 2013

GLÓBULOS ROMANOS E GLÓBULOS CASTREXOS

GLÓBULOS ROMANOS E GLÓBULOS CASTREXOS
Destas horas, co ceo aínda coas luces baixas como cando van pechar unha discoteca, dúas correntes de vida percorren as arterias máis estreitas de Lugo: os glóbulos romanos e o glóbulos castrexos. Desacóuganme as multitudes de máis de dous, penso que é...
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité