vendredi 30 novembre 2007

VENÂNCIO VENDE GZ

Fernando Venâncio preparou informe sobre GZ que vai publicar mañá o suplemento Actual do Expresso. Leva colaboracións de Elias Torres, Bernardo Penabade, Carlos Quiroga, Samuel Rego, Xurxo Souto e Ramiro Fonte. Hai un anexo con bibliografía portuguesa sobre o noso país que, polos problemas de espazo, vai ficar fóra.
Posté par Jaureguizar à 13:18 - Commentaires [3] - Permalien [#]

vendredi 30 novembre 2007

3.395 NÓBEIS PARA FERRÍN

A Fundación Curros Enríquez entregou ao Pen Club GZ 3.395 peticións para que lle dean o Nobel a Méndez Ferrín. A cifra non se pode mirar como cativa se temos que recollida foi feita unicamente en Celanova. A xeira comezou no 2002. A FCE procura que estes apoios se unan ao expedente da candidatura do poeta para o galardón. De ter eu a oportunidade, asinaría porque me parece importante que un escritor galego sexa recoñecido con ese premio, malia que o meu candidato é ben outro.
Posté par Jaureguizar à 13:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 28 novembre 2007

O CALVEIRO DE BAGDAG

Se fose produtor de cine financiaría o pitch baseado nesta reportaxe.
Posté par Jaureguizar à 20:11 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mercredi 28 novembre 2007

O MUNDO E NÓS

Concordo. Está ben que andemos polo mundo, ¿pero non sería mellor gastar eses cartos en intentar que nos traduzan e sexan os nosos libros os que anden polo mundo? Quero dicir, ¿non seria mellor viaxarmos cos produtos preparados e adaptados para que se aprecien alí onde imos? ¿Non nos rendiría máis acudirmos a países nos que o troco non sexa o recurso que fai funcionar a economía?
Posté par Jaureguizar à 18:15 - Commentaires [13] - Permalien [#]
mardi 27 novembre 2007

A FLOR DE SCHMITT

O señor Ibrahim e as flores do Corán é un libro bonito. Eu chamo libros bonitos a eses que son falan sobre feitos extraordinarios dun xeito sinxelo e me provocan emocións, me divirten a cachos e me causan tristura a bocados. Eric-Emmanuel Smichtt manexa ben eses mecanismos que poñen en marcha a reloxería do corazón. A única pega que lle presento é que me gustaría que tivese escrito trinta folios máis para afondar nas relacións do rapaz co seu pai. Polo demáis, é unha lectura fascinante. Se xa se lle ve dende o primeiro: "Aos once... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:07 - Commentaires [2] - Permalien [#]
lundi 26 novembre 2007

AVALANCHA DE POETAS EN LUGO

O primeiro Encontro de Poesía Galega, promovido por Ignacio Elguero, director de La Estación Azul, de RNE, encherá Lugo de poetas. Os amantes e os odiantes da poesía están avisados. O Encontro, que se celebrará na Deputación Provincial, está dividido en tres sesións. Na primeira, este xoves ás 12.00, estarán Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Suso Pensado, Luz Pozo Garza e Claudio Rodríguez Fer. A segunda sesión, será o xoves ás 19.00, con Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Arcadio López-Casanova, Chus Pato, Ana... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:25 - Commentaires [6] - Permalien [#]

vendredi 23 novembre 2007

VESTIO

Os escritores sempre padecemos os sentimentos máis puros diante dos éxitos dos colegas. Eu sentín pura envexa cando me informei de que Xosé Miranda nada xa en augas de segunda edición dun seu libro que vén de saír. Pero hai máis noticias de Miranda. Ultima unha guía de Gz, detallando os seus concellos, tanto no seu patrimonio material como inmaterial, que publicará Xerais. Na mesma editorial aparecerá a nouvelle Vestio, en Fóra de Xogo. Vai dun antropólogo inglés que chega a Gz para investigar a pervivencia do culto a Priscialiano e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:53 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 21 novembre 2007

AMOR E GALERNA

Eu nunca pedín a ninguén que me botase un risco. Escribo botar un risco porque Borrazás me contou que esa expresión é moi de Carballo ou algo así. O que quería contar é que na vida pedín a un escritor que me dedicase un libro. Se non o coñezo, teño pouca gaña de que me faga soletrear o meu apelido para asinar un exemplar a alguén polo que non sente máis aprezo ca o euro que lle deu a gañar. Se o coñezo, fágome a un lado para que el decida se lle apetece dedicarmo ou non. Mesmo hai escritores que se empeñaron en botarme un risco sen... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:46 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 21 novembre 2007

PALABRAS CORRENTES, FEITOS EXTRAORDINARIOS

Astrid Lindgren dá dous consellos para escribir LIX nun artigo que recupera CLIJ. O primeiro tirouno de Schopenhauer: "Escribe con palabras correntes sobre feitos extraordinarios"; o segundo, é seu e defende que "escribe cousas que lles fagan graza aos cativos, non aos adultos".
Posté par Jaureguizar à 12:39 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mardi 20 novembre 2007

MANUEL VILARIÑO, NACIONAL DE FOTOGRAFÍA

O exquisito taxidermista Manuel Vilariño levou o Nacional de Fotografía. O seu xeito de embalsamar soborda beleza. Sempre quixen pedirlle unha capa, mais adiantouse Galaxia.
Posté par Jaureguizar à 17:43 - Commentaires [4] - Permalien [#]