mardi 22 juillet 2008
A COCIÑA DE YOSHIMOTO
Tiña pendente a lectura de Kitchen e agora vou poder cumprir no meu idioma favorito grazas a Rinoceronte. Yoshimoto carga cunha pesada acusación. Eu soamente podo dar fe de Sueño profundo, un libro magnífico de relatos. A acusación ten algo de certo no que atinxe ao ton e algunhas tramas, pero considero estase cometendo unha inxustiza por usar ese único elemento de proba para xuzgala.
dimanche 20 juillet 2008
17 CLASES DE REFUGALLOS
Eu sei que nos fogares do Xapón separan 17 tipos de lixo para separar nas casas grazas a Natsuo Kirino. Agora volve falando dun rapaz que empeza matando á nai e son moitas as leccións que me pode dar arredor da mocidade do mundo desenvolvido.
samedi 19 juillet 2008
MURAKAMI EN MARCHA
Murakami nos conta o que pensa sobre correr, vivir, sufrir, lembrar e outros asuntos fundamentais na vida.
samedi 19 juillet 2008
SHAKESPEARE DESTILADO
Xesús Constela destilou unha novela das máis innovadoras, arriscadas e divertidas que se teñen escrito na nosa literatura. O Cabaret recoméndallela no seu menú.
mardi 15 juillet 2008
COMO NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS
Como nos últimos catro anos, o venres darase a conecer o IV Premio Biblos Pazos de Galicia; como nos últimos catro anos, non poderei estar; como nos últimos catro anos, fico ben agradecido á persistencia amabilísima e pacientísima de Tucho.
mardi 15 juillet 2008
XABIER PRENDE A LUZ
Xabier dános boas noticias. E non o escribo soamente porque se poña en marcha unha iniciativa dunha magnitude difícil de calcular para a nosa literatura como é contarmos cunha película baseada nunha novela, senón tamén porque, sen tempo non era tendo en conta que milita con convición nas clases pasivas, vai escribir decotío no seu blog. Seguireino coa admiración que adoitan merecerme as súas xeiras.
mardi 15 juillet 2008
29 MONZÓNS
Quim Monzó publica en galego "as obsesións, os equívocos, as particulares interpretacións da realidade que cambian unha vida enteira, as casualidades reais que constrúen o destino individual, a terrible incomunicación no ámbito máis íntimo, as rebelións que se revelan absurdas, a burla constante que nos fai a vida" .
vendredi 11 juillet 2008
SKP VOLVE Á CASA
Unha primeira edición das obras de Shakespeare de 1623 volve á casa. Era nada menos cun dos 228 first folio que se conservan. Ben sabido é que a vida das pezas de Shakespeare é ben azarosa.
jeudi 10 juillet 2008
A NOGUEIRA DE IRIA FLAVIA
Anunciaron a xuntanza coma se fose ser importante. A poucos coñecía eu e botei en falla escritores galegos, xa que o encontro se celebraba no país. Confío en que as conclusións non sexan un indicador da altura do debate. Tras días reunidos analizando a literatura española, decidiron, non que sexa o ermo que moitos miramos nela, senón que as editoriales van "cada vez máIs" cara o éxito a través da rendibilidade económica, levando a a literatura a unha "maIor mercantilización". Much ado about nothing, que sentenciou... [Lire la suite]
mardi 8 juillet 2008
¿UN ANORMAL NA RAG?
Non son piñeirista nin comparto a súa visión da cuestión nacional; non penso que a de Noia fose anafalbeta e dou por suposto que todos os que están na Academia figuran nela pola súa sabedoría, pero penso que Franco Grande leva razón cando opina que sen tempo non era que a RAG reaccionase