CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Representante: Natalja Dudek (Axencia Literaria Galega) 622.86.33.13.

29 juillet 2009

UNHA MONA ASPIRA AO BOOKER

Me Cheeta, The Autobiography is the stand-out title on the 13-strong longlist for the Man Booker announced yesterday.

Posté par Jaureguizar à 13:27 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

28 juillet 2009

BYATT, COETZEE E WATERS ASPIRE TO BOOKER PRIZE

The 2009 longlist of Booker Prize announced:

Author                          Title                                          Publisher

Byatt, AS                      The Children's Book                 Random House - Chatto and Windus

Coetzee, J M               Summertime                            Random House - Harvill Secker

Foulds, Adam              The Quickening Maze              Random House - Jonathan Cape

Hall, Sarah                   How to paint a dead man      Faber and Faber

Harvey, Samantha      The Wilderness                        Random House - Jonathan Cape

Lever, James                Me Cheeta                              HarperCollins - Fourth Estate

Mantel, Hilary              Wolf Hall                                  HarperCollins - Fourth Estate

Mawer, Simon             The Glass Room                       Little, Brown

O'Loughlin, Ed             Not Untrue & Not Unkind        Penguin - Ireland

Scudamore, James      Heliopolis                                 Random House - Harvill Secker

Toibin, Colm                Brooklyn                                  Penguin - Viking

Trevor, William             Love and Summer                   Penguin - Viking

Waters, Sarah              The Little Stranger                    Little, Brown - Virago

    

The chair of judges, James Naughtie, said today:

'The five Man Booker judges have settled on thirteen novels as the longlist for this year's prize.  We believe it to be one of the strongest lists in recent memory, with two former winners, four past-shortlisted writers, three first-time novelists and a span of styles and themes that make this an outstandingly rich fictional mix.'

Chaired by broadcaster and author James Naughtie, the 2009 judges are Lucasta Miller, biographer and critic; Michael Prodger, Literary Editor of The Sunday Telegraph; Professor John Mullan, academic, journalist and broadcaster and Sue Perkins, comedian, journalist and broadcaster.

A total of 132 books, 11 of which were called in by the judges, were considered for the ‘Man Booker Dozen' longlist of 13 books.

Posté par Jaureguizar à 17:54 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

27 juillet 2009

MARTÍNEZ PEREIRO: "PODERÍA ESCRIBIR VAIA TOMAR POLO CU, PERO NON O VOU FACER"

Martin Pawley, en Dias Estranhos: "O libro disque está cheo de desinhibición, atrevido erotismo e humor, mais eu non fun capaz de atopar nada diso por ningures. “Dun tempo a esta parte é moi doado dicir conachadas en literatura”, asegura o autor nas páxinas finais; con iso, pola contra, si que estou completamente de acordo".

Xosé Luís Martínez Pereiro, nos comentarios á entrada de Pawley en Dias Estranhos (uns cinco meses despois): "Podería permitirme a licencia de escribir, benquerido Martin Pawley, vaia tomar polo cu, pero non o vou facer, porque son un escritor elegante, que admite as críticas razoadas e benintencionadas…, así que, espero que non me entenda mal, é simplesmente unha brincadeira de escritor sen sentido do humor que di moitas conachadas literarias".

No Alicia Crece: "Vaime permitir, don R.R. dos mortos blós, que lle envíe a miña opinión sobre o conflito máis quente do morredeiro blogomillo; é que alá, na casa de Pawley, está todo xa un pouco enlamado e tampouco quero poñerme do lado de George Custer XL Martínez Pereiro, máis que nada porque me poden caer a min de rebote as frechas que el merece".   "Se cadra (o libro) gustoume porque sinto coma se falase de min que, no fondo, son un místico coma ela (e agora de quen falo é de Marie de Valence, non da jamona). Si, se cadra era iso; que ese párrafo non che sei ben se fala do libro ou se fala de min. Ou de deus, tanto ten".

Posté par Jaureguizar à 23:32 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

A MOCHILOTA DE IDA E VOLTA

Artigo en El Progreso e Galiciaé: "A véspera das vacacións teño garantida a discusión coa muller. Ela teima en queixarse de que lle encha medio maleteiro cunha mochilota negra chea de libros. Eu razóolle que o saber non ocupa lugar, cando menos ocupa menos lugar cas táboas de body board dos meus cativos. Ela acaba por ceder, sabedora de que son un cacholán. Redondeo as miña argumentación facéndolle ver que case que non teño tempo para ler durante o resto do ano, polo que debo aproveitar o lecer. Os textos cos que inutilizo o seu maleteiro son o resultado final dunha escolma ben analizada tendo en conta o tempo do que hei dispor. As miñas lecturas deste verán serán 'Mañana', de Graham Swift; 'El hombre de los círculos azules', de Fred Vargas; 'Dança, dança, dança', de Haruki Murakami e 'O Museo da Inocencia¡ de Orham Pamuk.

A unha media de tres ou catro horas diarias, chegará setembro e poderei falar con autoridade de todos eses textos. De feito, confío en que me quede tempo e aínda heime poñer con 'Los hombres que no amaban a las mujeres', para iniciarme en Stieg Larsson, e 'Crepúsculo', de Stepehnie Meyer, para informarme do que lles interesa aos rapaces. Malia as miñas expectativas luminosas, temo que este verán acontecerame o de sempre: que a cativa terá que asistir a un curso de surf, o neno empezará a andar en bicicleta e terei que ter conta de que non se me mate, os meus amigos teimarán en que saíamos despois de cear para compensar tantos meses sen conversar, a miña nai pedirame que a achegue co coche ata a a praia e a mochilota negra volverá como marchou. Iso si, cos libros noviños, e estarei orgulloso de que sei coidalos".

Posté par Jaureguizar à 08:50 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

25 juillet 2009

O NOSO LARSSON

É unha ledicia que o xornal máis lido do país dedique tres páxinas a un escritor galego, cando máis ao máis lido no ámbito nacional. Simpaticei coa súa humildade, coa súa bonrapazura; gustoume que a entrevistadora, Sandra Faginas, lembre que todavía temos críticos que sitúan a novela negra un banzo por baixo da literatura de maiores, e sorprendeume o ton de xustificación de Villar. Non ten nada que xustificar: escribe novela policial e arrasa. Xa me gustaría a min...

Posté par Jaureguizar à 23:01 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

24 juillet 2009

BORRAZÁS: "EU SON COXO"

Xurxo Borrazás, en Galicia Hoxe: "Acabo de ler que un escritor sen blog é un ente caduco, unha rémora de outro século, que un escritor sen blog "está coxo das súas pernas." Ese son eu".

Posté par Jaureguizar à 22:41 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

CONSUMIR SEN AMOLAR

Ando na procura dun listado de empresas ás que lles amole a miña lingua; eu non quero amolalas consumindo os seus produtos nin usando os seus servizos.

Posté par Jaureguizar à 17:01 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

23 juillet 2009

MEDIO MILLEIRO DE CURTAS EN OFESTIVALON

O certame de curtametraxes ‘OFestivalOn Five’ contará coa concorrencia de cincocentos traballos chegados de trinta países. As actividades deste festival, antes coñecido como On&Off, que se poderán mirar nos día 30 deste mes e o 1 de agosto en Ribadeo. As curtas que se proxectarán na sección oficial, proceden de lugares tan dispares como Malaisia, Brasil, Arxentina, Reino Unido, Australia, Francia, Alemaña e Corea. En ando no xurado.

Posté par Jaureguizar à 17:55 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

PEDAGOXÍA PARA GALEGÓFOBOS

Nicolás Iván Vaqueiro, no Faro de Vigo: "É unha responsabilidade histórica protexer e promocionar o galego, en Galicia, como mínimo en condicións de igualdade, e por iso, o consenso do que fala o señor Bragado é máis que necesario. Non facelo é unha irresponsabilidade só tendente á radicalizar a sociedade e a levala a un debate inexistente sobre pretendidos ataques ó castelán. Gañe quen gañe a guerra, ou as eleccións".

Manuel Bragado, en Brétemas: "Observo na sección de Cartas ao director de Faro de Vigo a aparición das primeiras secuelas do manifesto «GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE»  e do artigo da semana pasada no que se reclamaba ao PPdeG que se reintegrase ao consenso sobre o estatuto da lingua forxado nos últimos vinte e cinco anos"

Posté par Jaureguizar à 13:19 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

I ENCONTRO DE SEAREIROS DE PAWLEY

Poderemos achegarnos a el no coffee break? É mister Pawley unha persoa accesible? Parecer, parece afable.

Posté par Jaureguizar à 13:09 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1  2  3   Page suivante »